A sesión piloto de formación, con membros de consellos reitores, para probar os contidos realizados no proxecto europeo ToTCOOP+i, no marco do programa Erasmus+, realizarase nunha cooperativa agro-alimentaria, cunha duración de 5 horas. Probarase, así mesmo, a plataforma de teleformación creada no proxecto.
As cooperativas agroalimentarias interesadas en realizar esta sesión, poden contactar con AGACA no número de teléfono 981-584783, ou ben por correo electrónico: agaca@agaca.coop o loli@agaca.coop.





