• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Sucesión na dirección de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Mougán tras 38 anos

Publicado en Cooperación Galega, Nº 177 - marzo 2026

6 de Abril de 2026
in Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

AGACA inicia unha nova etapa coa renovación da súa xerencia, un cambio que combina continuidade, experiencia e visión de futuro. Tras décadas de acompañamento ao cooperativismo agroalimentario galego, prodúcese unha transición que permite facer balance do camiño percorrido e, ao mesmo tempo, mirar aos retos que veñen. Falamos co director-xerente saínte e co entrante para coñecer as claves desta sucesión e as prioridades dunha organización chamada a seguir sendo referente para as cooperativas agrarias de Galicia.

Higinio Mougán Bouzón 

Higinio Mougán Bouzón (Vedra – A Couruña, 1959)

—Dende a constitución de AGACA en 1988, cal é o balance destes case 40 anos?

—Creo que as entidades e persoas ás que servín (socias, dirixentes, reitoras e cooperativas en xeral) son as que teñen que xulgar o meu traballo. Sempre me sentín un servidor das cooperativas socias e das directrices emanadas dos órganos sociais de AGACA (asemblea, consello reitor, xuntas sectoriais…).

Quen se queira apropiar do que fixeron todas estas persoas e institucións non o fará baixo os valores da cooperación, da colaboración, do compromiso, da autoaxuda, da autoresponsabilidade, da democracia, da equidade, da solidariedade …, os valores das cooperativas.

Creo que no seu conxunto todas as persoas e institucións citadas foron e fomos capaces de ir vencendo os medos a colaborar, a cambiar e mellorar mediante unha organización económica e social como a cooperativa; medos a que só gañen uns poucos coa cooperación e non todos, medos a que alguén poida perder cooperando.

Pola contra, percibo que cada vez hai máis ilusión e confianza en iniciativas económicas e sociais de tipo cooperativo pese a que vivimos nunha sociedade moi individualista. Cada vez hai máis persoas dispostas a participar en proxectos conxuntos viables, comprometéndose, en moitos casos, con xenerosidade.

A evolución das cooperativas agrarias nestes anos é resultado do esforzo de moitas persoas, das socias en primeiro lugar, das que as dirixiron e as dirixen pola confianza e labor realizados, das técnicas e traballadoras, das organizacións que prestamos apoio representativo, organizativo e estratéxico e das propias administracións comunitarias, estatais e autonómicas.

—De que fitos ou logros te sentes especialmente orgulloso?

—Prefiro falar de etapas. Lembro que na primeira etapa, tal vez na primeira ducia de anos, a grande evolución foi que as propias persoas das cooperativas se descubriron a si mesmas, asesoráronse en xestión e iniciaron a intercooperación entre si. Neste período, dende AGACA axudamos moito a conectar persoas de cooperativas distintas, a que descubriran diferentes xeitos de xestionar problemas semellantes. AGACA era un punto de encontro, un foro; as súas actividades, unha escusa para que contactaran e se coñeceran entre si, un lugar onde os dirixentes podían intercambiar teléfonos, trabar amizade, abrir acalorados debates sobre a xestión e estratexia cooperativa etc.

A segunda etapa, outra ducia ou máis de anos, foi a da busca da eficiencia produtiva e cooperativa, a apertura aos mercados, o impulso dos resultados, a importancia da boa xestión, a de recoñecemento dos grandes grupos de poder económico (multinacionais, gran distribución….), a etapa da necesaria e obrigada intercooperación, das posibilidades da colaboración entre cooperativas coa finalidade de mellorar a posición dos agricultores e gandeiros.

Na última etapa, na actual, é onde cobran grande importancia os aspectos persoais e profesionais: comezando polas persoas socias, a remuda xeracional na profesión, os aspectos relacionados coa valoración social da actividade agrícola e gandeira; recuperar á mocidade e ás mulleres para a produción agraria e gandeira, para os órganos directivos; tamén, acadar persoas traballadoras para o agro, incluso procedentes da inmigración. Captar talento e man de obra para o sector e saber xestionalos acada unha enorme impor- tancia nos retos da actualidade.

—Como mudou o cooperativismo agroalimentario galego dende finais dos anos oitenta ata hoxe?

—Radicalmente. Pasamos de dispoñer de varios centos de miles de persoas na actividade agrícola e gandeira, con cooperativas de ámbito local, moitas delas simples asociacións de produtores, a —pola mala imaxe das cooperativas procedentes do réxime anterior á democracia— moitos menos produtores e cooperativas con maior produción en volume, maior facturación e calidade e seguridade produtiva.

A finais dos oitenta esmorecía a forte ritmo a economía de subsistencia do agro e a profesionalización que comezara forte a finais dos anos sesenta estaba acadando maior importancia no rural. Nos anos 80 e 90 a reconversión do agro e do rural foi brutal. Isto obriga a cambiar e profesionalizar as cooperativas, mediante a concentración e o dimensionamento empresarial.

—Que papel xogou AGACA nese proceso de transformación e consolidación?

Acompañar, asesorar, orientar, aconsellar, mediar entre cooperativas, abrir perspectivas. Tratar de ensinar cara a onde debemos chegar e avanzar. Tentamos ser un foro para avanzar, para ser empresas máis competitivas, para achegar máis valor ás persoas socias.

Por tanto, provemos acompañamento organizativo, asesoramento técnico tratando de ser un socio estratéxico fiable das cooperativas, formando todo o posible ás persoas socias, aos cadros técnicos, aos equipos reitores e de xestión. Transmitimos información constante e sen límites: da marcha dos mercados, das políticas públicas e das súas tendencias, acompañamento e información na tramitación e acceso a axudas públicas… e mesmo divulgamos aqueles fitos acadados polas propias cooperativas socias que poden ser un exemplo para as demais.

Tratamos de que estas empresas fixeran un esforzo en anticiparse aos cambios. Neste senso, por exemplo, intentamos impulsar a xestión técnico-económica nas gandarías de leite en varias cooperativas do sector a principios dos 90. Do mesmo xeito, hai máis de 25 anos iniciamos un proceso de asesoramento en calidade do leite. Posteriormente, asesoramos en aspectos relacionados co benestar animal, ou mesmo, nestes últimos anos, coa pegada de carbono.

Este é o espírito de AGACA, tratar de ser a canle da innovación, da sostibilidade, da competitividade para que as explotacións e as cooperativas desenvolvan experiencias que as inicien neste eido.

—Que aprendizaxes cres que non se deberían esquecer nunca no movemento cooperativo?

—As persoas que forman parte das cooperativas, con diferentes niveis de responsabilidade, nunca debemos esquecer o que nos diferencia. Gústame citar as principais achegas, como a seguridade profesional da persoa socia, o que a levará á estabilidade, a certezas.

A maioría das cooperativas achegan apoio técnico especializado, pero tamén representación dos seus problemas diante das autoridades e traballo en rede con outras entidades mediante a intercooperación ou mesmo con AGACA.

Unha cooperativa achega ás persoas socias vinculación co territorio, coa veciñanza e coa contorna. Loxicamente debe achegar valor engadido e orientación cara ao mercado, información xeral, de tendencias, de gustos…

Que significa para ti seguir vencellado a AGACA dende unha posición diferente, como adxunto á Presidencia e ao Consello Reitor?

En primeiro lugar poder comprobar como evolucionan as cooperativas e a organización na que me integrei hai anos. O paso dos anos xerou amizades, interese polas cooperativas e organizacións e coñecementos dos que non podemos, nin debemos, desprendernos coma se fose unha chaqueta.

En segundo lugar, cando se requira, sexa preciso e teña valor, trasladar experiencias e coñecementos acadados durante anos ás persoas que tomen decisións, sempre dende a humildade e o respecto máximo a aquelas con responsabilidades en diferentes ámbitos das cooperativas.

Carlos Ares Fernández

Carlos Ares Fernández (Baracaldo, 1970)

—Asumes a xerencia tras case tres décadas vencellado a AGACA como técnico. Que representa este paso, tanto profesional como persoalmente?

—Para min supón un paso moi importante e tamén moi emocional. Levo case 29 anos traballando en AGACA, coñecendo a entidade dende dentro, compartindo o día a día coas cooperativas e vendo como foi medrando e evolucionando o cooperativismo agroalimentario galego. Profesionalmente é un recoñecemento á traxectoria e ao traballo feito durante todos estes anos, pero sobre todo é unha responsabilidade moi grande.

Persoalmente sinto esta nova etapa como un compromiso renovado coas cooperativas, co equipo técnico de AGACA e co propio sector. Coñezo a realidade das cooperativas e das persoas que están detrás delas, e iso dálle a este novo reto un significado moi especial.

—Viviches a evolución de AGACA dende dentro dende 1996. Que cambios consideras máis determinantes neste período?

—Nestes anos AGACA pasou de ser unha entidade máis centrada na representación e no asesoramento básico a converterse nunha organización de referencia en servizos especializados, proxectos de innovación e acompañamento estratéxico ás cooperativas.

Houbo unha profesionalización moi importante tanto da propia asociación como das cooperativas, unha maior dimensión empresarial do sector e unha maior capacidade de interlocución coas administracións. Tamén foi clave a aposta pola formación, a modernización da xestión e a incorporación de novos ámbitos como a innovación ou a sostibilidade.

Pero quizais o máis relevante foi a evolución da propia mentalidade: hoxe falamos de cooperativas máis competitivas, máis abertas á colaboración e máis conscientes do seu papel no desenvolvemento do rural galego.

—Cales son os principais retos aos que se enfronta actualmente o cooperativismo agroalimentario galego?

—Os retos son importantes e complexos. En primeiro lugar, a remuda xeracional e a fixación de poboación no rural, que condicionan o futuro do sector. En segundo lugar, a necesidade de gañar dimensión e competitividade nun mercado cada vez máis globalizado e esixente.

Tamén están os desafíos da dixitalización, a adaptación ás novas esixencias normativas e ambientais, e a necesidade de poñer en valor o modelo cooperativo como unha fórmula empresarial moderna, eficiente e socialmente responsable.

E, por suposto, a volatilidade dos mercados e dos custos de produción, que obriga ás cooperativas a ser cada vez máis profesionais e eficientes.

—Se tiveses que sinalar tres prioridades para esta nova etapa en AGACA, cales serían?

—Por suposto, seguir reforzando os servizos que AGACA presta ás cooperativas, adaptándoos ás novas necesidades e anticipándonos aos cambios que veñen.

Ademais, imos seguir impulsando a cooperación entre cooperativas, fomentando procesos de integración, colaboración e creación de sinerxías que lles permitan gañar dimensión e forza.

E tamén, poñer un foco especial na remuda xeracional, na formación e na incorporación de novas persoas ao sector cooperativo, garantindo o seu futuro.

Aínda que sería unha cuarta, quero destacar tamén a especial atención que estamos dedicando á reforma e desenvolmento da nova lei de cooperativas de Galicia, unha norma fundamental para o cooperativismo agroalimentario, que debe dar respostas ás necesidades económicas e sociais actuais e futuras, e permitir que as cooperativas poidan competir en igualdade de condicións coas sociedades de capital, onde a fórmula cooperativa unifique a viabilidade económica e o compromiso social.

—Como defines o teu estilo de liderado e de traballo?

O meu estilo baséase na proximidade, na escoita activa e no traballo en equipo. Son unha persoa que coñece ben a casa, ás cooperativas e ao equipo humano, e creo moito na colaboración e no diálogo.

Gústame un liderado participativo, no que se compartan obxectivos e responsabilidades, e no que as decisións se tomen coñecendo ben a realidade do terreo.

—Que mensaxe che gustaría trasladar ás cooperativas socias neste inicio de etapa?

—Gustaríame trasladarlles unha mensaxe de confianza e de continuidade, pero tamén de ilusión e de futuro. AGACA vai seguir sendo unha ferramenta útil, próxima e comprometida coas cooperativas.

Poden contar cunha asociación que coñece ben a súa realidade, que está ao seu lado e que vai traballar para axudalas a afrontar os retos que teñen por diante.

—Como imaxinas AGACA dentro de dez anos?

—Imaxino unha AGACA aínda máis forte, máis innovadora e máis influínte, cun papel clave no desenvolvemento do cooperativismo agroalimentario galego.

Unha entidade que siga sendo referente en servizos, formación e acompañamento, e que contribúa a que as cooperativas sexan empresas cada vez máis competitivas, sostibles e preparadas para o futuro.

 

Ler revista completa:

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}