- O 3 de xullo presentarase en Vigo o proxecto “ES-FACTORY: Rede de Aceleradoras da Economía Social para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes”.
- AGACA é unha das socias do proxecto, desenvolvido por entidades de España e Portugal con fondos do programa POCTEP da Unión Europea.
O proxecto ES-FACTORY, que se desenvolverá entre o 01/10/2023 e o 30/09/2026, está orientado á capacitación para o emprendemento, o autoemprego e a creación de empresas mediante fórmulas de economía social, poñendo o foco no aproveitamento de novas oportunidades de negocio derivadas das novas economías co fin de arraigar o talento no territorio transfronteirizo e garantir a estabilización laboral mediante a xeración de emprego de calidade.
ES-FACTORY creará unha unidade transfronteiriza que facilite a identificación de ecosistemas emerxentes no ámbito de cooperación.
Así, por unha banda, identificaranse oportunidades para desenvolver estas áreas mediante programas piloto con actuacións como:
-Ferramentas e Recursos áxiles e innovadores adaptados a novas economías.
-Cooperativas de impulso de capacidades para crear emprego de calidade.
-Plataformas dixitais que faciliten a conexión entre oferta e demanda.
Por outra banda, co fin de desenvolver capacidades e habilidades para o autoemprego, crearase a Rede de Aceleradores Transfronteirizos ES-FACTORY. Esta aceleradora de talento mellorará as habilidades e capacidades das persoas participantes, promovendo o autoemprego colaborativo. Tamén fomentará a creación de espazos de encontro para mostrar produtos e servizos, coñecer empresas, investidores e potenciais clientes no espazo transfronteirizo.
Por último, crearase o primeiro Observatorio da Economía Social de Galicia – Norte, que garanta o impulso de estratexias e plans de acción transfronteirizos para o fomento da economía social.
PRESENTACIÓN
A presentación terá lugar o día 3 de xullo, de 12:00 a 14:00 horas (GMT+1; ESP) no Museo do Mar de Vigo (Av. da Atlántida, 160, 36208, Vigo). Para asistir é necesario inscribirse en https://bit.ly/jornadainicioesfactory ata o 1 de xullo.
En concreto, presentaranse as seguintes accións:
- Programa Formo-Talento: Identificación e formación de entidades prescriptoras da economía social.
- Programa Mobilidade. Bolsas Xerenciales Transfronteirizas.
- Programa para o desenvolvemento de plataformas e recursos dixitais para impulsar novas economías emerxentes.
- Programa para o impulso de cooperativas de emprendemento.
- Aceleradoras ES-FACTORY para a creación de proxectos de economía social.
- Creación de espacios de emprendemento pop-up.
- Observatorio da Economía Social de Galicia e Norte de Portugal.
A Consellería de Empleo, Comercio e Emigración lidera o proxecto ES-FACTORY, conformado por entidades portuguesas e galegas: AGACA, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), Unión de Cooperativas Espazocoop, Associação Centro Incubação Base Tecnológica do Minho, Associação Universidade-Empresa para o Desenvolvimento (TecMinho). ES-FACTORY está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.



