Vídeos

AGACA. Plan Estratéxico 2030

Que retos se nos presentan cara á seguinte década?
O noso Plan Estratéxico do Cooperativismo agroalimentario galego 2030 recolle as inquedanzas do sector e presenta solucións e medidas concretas para cada un dos sectores produtivos do noso país.

#noso. AGACA. Queremos coidarte.

Queremos coidarte co noso traballo, coa nosa dedicación, coa confianza que dá consumir os nosos produtos e servizos, con orixe galega e de cooperativa e con certificación propia.
Coa nosa marca #noso.

Entrevista Higinio Mougán. Mobilizacións e reivindicacións do sector agroalimentario.

O 3 de febreiro de 2024 o director xerente de AGACA, Higinio Mougán, participou no programa Bos Días, emitido pola Televisión de Galicia. Falou das reivindicacións do sector agroalimentario galego e tamén sobre como lle afectaron as mobilizacións do sector agrario francés.

A porta aberta

Neste programa, emitido pola Televisión de Galicia o 05/12/2022, podemos coñecer como funcionan o cooperativismo agroalimentario galego e AGACA da man de tres membros do seu consello reitor e do seu director-xerente: Carmen Rodríguez, presidenta; Xoán Allegue e Alberto Amil, vogais, e Higinio Mougán, director-xerente.

REDE EUSUMO: Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio

Producción de aguacate

Tuvo lugar el 5 de marzo de 2026

Hidroponía e Acuaponía en Galicia

TIvo lugar O 29 de xaneiro de 2026

Produción e comercialización de mel en Galicia

TIvo lugar O 23 de xaneiro de 2026

Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostibilidade para o agro galego

Tivo lugar o 26 de febreiro de 2026

Proxectos

Que é a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias?

O cooperativismo é un piar fundamental do eido agroalimentario galego. AGACA agrupa 91 cooperativas da Comunidade, con preto de 30.000 persoas socias.

Foro pola Economía Social Galega

Defensa dos intereses da economía social ante diferentes instituciones e xeración das condicións axeitadas para o desenvolvemento das entidades que a conforman.

“Nós, As Mulleres” – Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia

Reportaxe do programa Labranza, da Televisión de Galicia. A Asociación foi presentada o 30 de abril de 2019.

Proxecto ToTCOOP+i

Enmarcada en Erasmus+, esta alianza estratéxica entre 6 países busca innovar e mellorar os programas de formadores das cooperativas agroalimentarias.

Proxecto AGROSMARTcoop

Espazo para a integración, a competitividade e o crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUODE. Apoio á internacionalización das cooperativas.

Proxecto EuroDairy

Rede para mellorar a sustentabilidade socioeconómica e ambiental do sector lácteo. Interveñen 14 países, mediante 120 granxas piloto innovadoras.

Mellora da sostibilidade nas producións cárnicas

Proxecto Plan de acción para a mellora da sostibilidade nas producións cárnicas galegas, con financiamento do FEADER, Xunta de Galicia e Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

CLIMALACT

Desenvolvemento de protocolos e indicadores de sostibilidade da marca “CLIMALACT”, con financiamento do FEADER e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Máis vídeos en YouTube.

Proxecto Sucellog – Creación de centros loxísticos de biomasa

Financiado pola Comisión Europea, en España, Francia, Italia e Austria. AGACA participa a través de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Programa “Coidar, coidarte” – Envellecemento activo e coidado de persoas maiores

Varias Cooperativas. Organizan: AGACA e Obra Social “la Caixa”

Comisión Xuventude Cooperativista Emprendedora

Presentamos as experiencias de 5 mozos que viven e traballan no medio rural. Organizan: AGACA e Obra Social “la Caixa”

PANEL II: «As cooperativas agroalimentarias: calidade, innovación sostible e comercialización intelixente no el ámbito territorial do proxecto»