• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Poden controlarse os nitratos?

Publicado en Cooperación Galega, Nº 172 - marzo 2025

Agaca by Agaca
14 de Abril de 2025
in Blog
Poden controlarse os nitratos?
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A contaminación por nitratos é unha das preocupacións da Unión Europea; xa en 1991 emitiu normativa dirixida á súa redución, que establece diferentes medidas a adoptar polos estados membro e se foi completando co paso dos anos con diferentes regulamentos nacionais. Durante 2025 cúmprense prazos para designar novas zonas vulnerables a contaminación, de ser preciso.

A mediados de febreiro a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, comentoulle á presidenta de AGACA, Carmen Rodríguez, que probablemente en maio  do presente ano declare unha serie de concellos de Ourense, A Coruña e Pontevedra como zonas vulnerables a contaminación por nitratos, por presenza de contaminación difusa en puntos de  control de  análise de calidade das augas.

Dende  ese intre, entendemos que  resulta  necesario informar e orientar ás persoas  afectadas, xa que,  probablemente, esta  Declaración de zona vulnerable a contaminación por nitratos  vai levar asociadas restricións para as actividades agraria e gandeira dos concellos afectados (sobre  todo, limitacións á fertilización), xunto con obrigas ou condicións coma contar con  apoio de  asesores externos, documentación da fertilización, mellorar as instalacións das granxas para unha mellor xestión dos xurros ou dispoñer de maquinaria adaptada para reducir as emisións. Algunhas das comarcas afectadas teñen unha moi reducida carga gandeira, polo que sería axeitado avaliar se as causas desa contaminación teñen  unha orixe gandeira ou allea.

Os nitratos  son sales do ácido nítrico (NO3) e, por tanto, conteñen nitróxeno (N). Ademais de estar presentes naturalmente, adoitan incorporarse a fertilizantes, pois son un nutriente fundamental en moitos cultivos.

As zonas vulnerables a nitratos son aquelas superficies de terreo cuxa escorredura ou filtración poida influír no estado das augas declaradas como afectadas pola contaminación de nitratos utilizados  na  agricultura. Defínense  conforme á Directiva 91/676/CEE, relativa á  protección das augas contra a  contaminación por  nitratos  utilizados na agricultura.

En España, actualmente, a posta  en práctica da directiva regúlase polo  Real Decreto 47/2022, do 18 de xaneiro, sobre protección das augas contra a contaminación difusa  producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias, que afirma: «A contaminación de orixe difusa das masas de auga superficial e subterránea é un problema moi estendido na maior parte das concas españolas. En particular, este feito ponse de manifesto polas elevadas concentracións de nitratos que se rexistran en determinadas masas de auga, consecuencia dos excedentes de produtos inorgánicos ou orgánicos usados como fertilizantes. Este feito é especialmente preocupante cando alcanza a augas que se destinan ou  vaian destinarse ao abastecemento da poboación».

Este RD indica un prazo máximo de tres anos para designar novas  zonas vulnerables a nitratos (determinadas segundo resultados de medicións periódicas en diversos  puntos), o cal  se cumpre este ano, e, por tanto, potencialmente podería afectar a Galicia onde, ata agora, non existen zonas con esta designación.

Galicia

En novembro de 2024 o Ministerio para a Transición  Ecolóxica e o Reto Demográfico publicaba o Informe máis recente de seguimento da directiva 91/676/CEE: Contaminación da auga por nitratos nusados na agricultura Cuatrienio 2020 – 2023. As medicións realizadas para o Informe  determinan que en Galicia non cabería formular a designación de zonas vulnerables a nitratos  por presións agropecuarias.

En marzo de 2024 o Tribunal de Xustiza da Unión Europea sentenciou que España incumpría obrigas establecidas pola Directiva do Consello.

Unha das causas era a non designación de zonas vulnerables en varias Comunidades Autónomas, entre elas Galicia, se ben finalmente admitiu que non era preciso nesta CC.AA.

Con todo, o 24 de febreiro de 2025 comezaron as reunións previas á declaración de zonas vulnerables a  nitratos, cuxa identificación corresponde á Xunta de acordo coa normativa europea e nacional.

Recomendacións

En resposta á normativa, cada Comunidade Autónoma elaborou un Código de Boas Prácticas Agrarias, de obrigado cumprimento en zonas vulnerables; tamén xurdiron numerosos proxectos, coma Agrogestor, con financiamento do instrumento financeiro da Comisión Europea Life, que propoñen algunhas recomendacións:

Aplicar fertilizantes nitroxenados segundo o tipo de solo e cultivo e nas cantidades precisas  sobe a eficiencia e diminúe o risco de contaminación. Contar con  bases de datos normalizadas sobre as  necesidades dos  cultivos  e  con  ferramentas para determinar o potencial produtivo do sistema parcela-cultivo podería contribuír a iso. Ademais, contar con esta información estandarizada, xeolocalizada e serializada no tempo facilitaría o seguimento da produtividade.

A fertilización eficiente e sostible evita perdas de N. Lógrase con prácticas coma: fraccionar a dose total  segundo a curva de demanda de nitróxeno do  cultivo, promover fertilizantes máis eficientes e adobos con inhibidores ou recubrimentos que regulan a liberación de N e adecuar a dose á auga de rega ou adoptar fertirrigación.

Analizar o solo periodicamente para estimar a súa contribución en nitróxeno mineral, fósforo e potasio pode axudar a axustar a dose de nitróxeno. A análise efectuaríase en parcelas representativas segundo o cultivo de campaña e o precedente, a xestión de residuos do cultivo anterior e a achega de fertilizantes orgánicos en campañas anteriores.

En canto á auga e á rega, a lixiviación do N no solo en campaña poder ser unha causa de grandes perdas dos nitratos do fertilizante, polo que cómpre considerar a auga drenada no solo e a cantidade de N lixiviado. Seleccionar un sistema eficiente que garanta uniformidade no rego diminúe riscos e pode producir aforro de auga e enerxía, aumentando rendibilidade; para iso, ferramentas de control de caudal e presión e detección do estrés hídrico poden axudar.

O volume de almacenaxe de dexeccións debería poder conter, como mínimo: os efluentes do gando producidos durante o período onde a súa aplicación é desaconsellable, as augas da chuvia e augas sucias ocasionais, con marxe de seguridade para evitar desbordamento. Para limitar o volume de augas sucias (de lavar, sobra de bebedoiros, dexeccións diluídas), estas deben dirixirse preferentemente a instalacións de tratamento axeitadas, a depósito propio ou ao depósito das dexeccións.

A agricultura de conservación pode contribuír a mellorar o solo. Algunhas prácticas son: planificar rotacións de polo menos tres anos cunha alternativa mellorante; axustar os ciclos de cultivo á dispoñibilidade da auga e requirimentos de fertilidade; coñecer o contido en nutrientes das materias orgánicas que se achegan ao solo para calcular a dose de N máis axeitada e promover bandas de protección en cursos fluviais. Favorece tamén promover o incremento da materia orgánica no solo agrícola con fertilizantes orgánicos, coa cobertura do solo (con cultivos captadores de N en lugar de barbeito), coa práctica do non laboreo e da sementeira directa e coa incorporación de restos vexetais ao solo (como palla picada ou restrollo).

A dixitalización e, en xeral, a adopción de ferramentas, sensores, robots e medios tecnolóxicos de monitorización, control e aplicación pode contribuír a mellorar as prácticas na produción agrícola e gandeira para mitigar a contaminación e preservar a natureza de xeito sostible económica e medioambientalmente.

Ademais, son necesarios plans de formación para profesionais da agricultura e a gandería, ademais de programas que apoien e faciliten un ecosistema de asesoramento e cooperación multiactor, que inclúan entidades produtoras, investigadoras, políticas e industriais.

Leer revista completa:

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}