• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA presenta o “Plan de apoio ao fortalecemento e consolidación das cooperativas agroalimentarias galegas 2025-27” dentro do programa EFESO

27 de Novembro de 2025
in Novidades
AGACA presenta o “Plan de apoio ao fortalecemento e consolidación das cooperativas agroalimentarias galegas 2025-27” dentro do programa EFESO
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) presenta o Plan de apoio ao fortalecemento e consolidación das cooperativas agroalimentarias galegas 2025-2027, unha iniciativa estratéxica de tres anos de duración que ten como obxectivo impulsar o crecemento, modernización e sostibilidade das cooperativas socias, apoiando especialmente aquelas que queiran mellorar a súa xestión e os seus sistemas produtivos. A iniciativa busca reforzar a competitividade, resiliencia e impacto económico e social das cooperativas, dadas a súa relevancia no desenvolvemento rural galego.

O plan estrutúrase en tres eixos de actuación:

  • Elaboración dun plan de empresa para cada cooperativa participante, baseado nun diagnóstico previo que determine as accións prioritarias.
  • Formación das persoas socias, orientada a profesionalizar a produción, mellorar a xestión das explotacións e incrementar a súa sustentabilidade e rendibilidade.
  • Asistencia técnica, tanto ás cooperativas como ás explotacións socias, para implantar prácticas sostibles que aumenten a eficiencia produtiva e reduzan o impacto ambiental.

Entre os obxectivos específicos, o proxecto pretende identificar áreas clave de mellora na xestión cooperativa, reforzar as competencias profesionais do persoal produtor, facilitar cualificacións homologadas, reducir a pegada de carbono e hídrica das explotacións de vacún de leite, promover o benestar animal e impulsar boas prácticas de manexo.

VIA 1: Elaboración dun plan de empresa de fortalecemento e consolidación en cada cooperativa. Inclúe:

  • Diagnóstico individualizado de cada cooperativa (7) e explotación participante (260).
  • Definición dun Plan de Empresa que marque a estratexia de mellora, competitividade e sustentabilidade.
  • Titorización e acompañamento durante a implantación das medidas propostas.

VÍA 2: Implementación de medidas de mellora na xestión, na organización e nos procesos produtivos

A segunda vía céntrase na modernización e profesionalización das cooperativas e das explotacións socias a través de dúas liñas principais: formación cualificada e asesoramento técnico especializado. Esta vía busca traducir en accións concretas o diagnóstico realizado na Vía 1.

2.2.1. Mellora das competencias profesionais e cualificación

Desenvolverase un itinerario formativo completo dirixido ás persoas socias e traballadoras das cooperativas, con obxectivo de incrementar a profesionalización e a capacidade técnica do sector.

O plan prevé a formación de:

  • 600 persoas nos cursos de Operarios de granxa (50 cursos de 20 h). Un total de 1000 horas de formación.
  • 30 persoas nos cursos de Incorporación á empresa agraria – orientación vacún de leite (2 cursos de 250 h). Un total de 500 horas de formación.
  • 30 persoas nos cursos de Manipulador/Aplicador de produtos fitosanitarios – nivel básico (2 cursos de 25 h). Un total de 50 horas de formación.
  • Ademais, impartiranse sesións prácticas sobre Cuaderno Dixital destinadas a mellorar a xestión documental das explotacións (sesións de 20 h e número adaptado á demanda das cooperativas).

Todos os cursos estarán homologados pola Consellería do Medio Rural asegurando a súa validez oficial.

2.2.2. Melloras organizativas, de xestión e sustentabilidade nas explotacións

Esta liña abrangue asesoramento técnico individualizado nas explotacións socias das 7 cooperativas participantes, estruturado en tres programas:

  1. a) Plan de descarbonización e redución da pegada hídrica
  • Dirixido a 150 explotacións.
  • O equipo técnico realizará medición inicial e final da pegada de carbono e hídrica.
  • Implantaranse medidas de aforro enerxético, optimización de recursos e redución de residuos.
  • Previstas 880 horas de asesoramento técnico.
  1. b) Plan de Boas Prácticas segundo a guía INLAC actualizada
  • Dirixido a 60 explotacións.
  • Inclúe auditorías anuais sobre seguridade alimentaria, ordeño, alimentación, auga, trazabilidade, tratamentos e forraxes.
  • O obxectivo é actualizar protocolos e adecuar as granxas aos novos requisitos de mercado.
  • Previstas 625 horas de asesoramento.
  1. c) Plan de Asesoramento en Benestar Animal
  • Dirixido a 50 explotacións.
  • Avaliación anual co protocolo europeo Welfare Quality.
  • Identificación das melloras obrigatorias e recomendables para acceder ás certificacións comerciais.
  • Previstas 300 horas de asesoramento.

En total, este punto do plan contempla accións directas sobre 260 explotacións gandeiras e suma 7.805 horas de asesoramento técnico especializado para garantir a súa competitividade e resiliencia futura.

VÍA 3: Seguimento e avaliación da implantación das medidas

O plan inclúe un sistema de seguimento continuado para garantir que as accións previstas se executen correctamente, permitindo:

  • Verificar o cumprimento de prazos.
    • Avaliar a eficacia das medidas implantadas.
    • Identificar obstáculos e riscos a tempo para corrixilos.
    • Garantir un uso eficiente dos recursos.
    • Elaborar informes periódicos de avance.

Realizaranse 12 reunións de seguimento coas cooperativas participantes e 12 informes asociados, que permitirán medir o impacto real do plan e axustar as accións cando sexa necesario.

Financiamento

O proxecto enmárcase dentro do programa EFESO (Estrategia de Fomento del Empleo y Sostenibilidad en la Economía Social) e está cofinanciado con 360 335,34 euros polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), en calidade de organismo intermedio. As actuacións desenvolveranse entre xaneiro de 2025 e decembro de 2027, coa finalidade de apoiar o crecemento, o fortalecemento e a consolidación das cooperativas agroalimentarias galegas socias que desexen afrontar o reto de implantar melloras na xestión e nos sistemas de produción.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}