• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

Obra Social “la Caixa” e Fundación Érguete – Integración apoian a integración laboral de persoas privadas de liberdade co Programa Reincorpora

10 de Novembro de 2016
in Novidades
Obra Social “la Caixa”  e Fundación Érguete – Integración apoian a integración laboral de persoas privadas de liberdade  co Programa Reincorpora
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

NOTA DE PRENSA: PROXECTO INOUT

  • Onte clausurouse o Proxecto InOut da Coruña, para a integración no mundo laboral das persoas privadas de liberdade.

wb_-la_caixa_programa_inout_reinsercion

O 9 de novembro clausurouse o proxecto InOut do Programa Reincorpora desenvolvido este ano, nun acto celebrado durante  a mañá no Centro de Inserción Social “Carmela Arias y Díaz de Rábago”.

A Fundación Érguete – Integración colabora co programa Reincorpora da Obra Social “la Caixa” dende 2011. Durante este ano realizouse un itinerario de inserción sociolaboral IN OUT no Centro Penal de Teixeiro, cunha finalidade clara: fomentar e favorecer a integración laboral das persoas privadas de liberdade.

A duración foi de 10 meses de intervención, en dúas fases:

  • FASE IN, formación e posicionamento ante o emprego no interior: 4 meses no Centro Penal de Teixeiro (Curtis), Curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, 230 horas.
  • FASE OUT, Programa Reincorpora: 6 meses no Centro de Inserción Social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” (A Coruña), Curso de Operacións básicas de pisos en aloxamentos, 170 horas. A formación práctica realizouse nas instalacións da Institución Benéfico Social Pai Rubinos, coa que se asinou un convenio de colaboración, e a formación teórica impartiuna Eulen.

Finalmente, realizaron prácticas non laborais en empresas, o servizo solidario e iniciaron a súa procura activa de emprego.

O servizo solidario, “Diversión sustentable”, consistiu na organización de dous puntos informativos, coa colaboración da Oficina de Voluntariado da Universidade da Coruña e o Concello, os días 21 e 22 de xuño, onde os participantes sensibilizaron ás persoas que pasaban por eles sobre o exceso de residuos arroxados nas praias durante a celebración das fogueiras de San Xoan, a noite do 23 de xuño. Para unha mellor visibilidade destes puntos, o servizo foi incluído na campaña de sensibilización ambiental #Móllate.

Os beneficiarios que finalizaron o itinerario pasan a formar parte do Programa Incorpora, onde se lles realiza un seguimento do seu proceso de inserción sen límite de tempo. Neste momento 5 xa alcanzaron o obxectivo da súa incorporación laboral.

Ao acto asistiron José Carlos Cobas (Director de área de CaixaBank), Silvia Cameán Calvete (Concelleira Xustiza Social e Coidados da Coruña), Carlos Rosón Varela (Coordinador Incorpora Galicia, de IGAXES-3), Miguel Ángel Rodríguez Montero (Director do Centro de Inserción Social), Carlos Coello Otero (Subdirector de Tratamento do Centro Penal de Teixeiro), e Carmen Avendaño Otero (Presidenta de Fundación Érguete-Integración). Tamén participan como convidados representantes da Institución Benéfico Social Pai Rubinos, Eulen e empresas nas que realizaron prácticas os participantes.

10/11/2016

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}