- Esta mañá celebrouse en O Xeixo unha xornada sobre empoderamento para as mulleres socias da cooperativa. Asistiron máis de 20 socias.
- A actividade forma parte de “Atrévete Contigo Mesma”, programa impulsado por .Obra Social “la Caixa” e AGACA dende 2015.
Máis de 20 persoas participaron esta mañá na xornada “Atrévete Contigo Mesma” na cooperativa láctea O Xeixo (A Pastoriza). A xornada comezou cun relatorio impartido pola técnica de AGACA Ruth Rodríguez sobre o papel da muller nas cooperativas agroalimentarias, que analizous as posibles causas da escasa participación activa das mulleres cooperativistas na xestión destas entidades.

A continuación, a coach e técnica de AGACA Loli Couso liderou una sesión de coaching con actividades en grupo onde se abriu un espazo para a reflexión sobre as aptitudes que as mulleres integrantes das cooperativas posúen, co obxectivo de darlles visibilidade para que elas mesmas as identifiquen e valoren.
Tamén se buscaron xeitos de eliminar os posibles obstáculos que as impiden tomar roles máis activos, como poden ser xeitos de lograr a conciliación entre a vida familiar e a profesional, ou os servizos e accións que as cooperativas poden adoptar para facilitar a paridade.
Compromiso coa igualdade
“Atrévete Contigo Mesma” busca dar visibilidade ao rol que poden desempeñar as mulleres rurais, motivando ás asistentes para ser máis participativas e animándoas a tomar conciencia das súas capacidades reais. l para traballar e intervir nos órganos de xestión de entidades do ámbito público. Máis de 430 mulleres participaron desde o seu inicio en 2015.
“Atrévete Contigo Mesma” forma parte do “Plan de acción en favor dá infancia, mocidade, muller e maiores” desenvolvido por AGACA e Obra Social “la Caixa” dende 2015 con accións enfocadas a persoas maiores e coidadores e coidadora, nutrición infantil e incorporación xuvenil ao emprego agrario.




