• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

O proxecto de Lei de desperdicio alimentario non convence ás cooperativas

Publicado en Cooperación Galega, Nº 169. Agosto 2024.

Agaca by Agaca
27 de Agosto de 2024
in Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

No marco da xornada «Desperdicio cero. Sostibilidade e soberanía alimentaria» organizada pola Unión de Consumidores de Galicia, o 18 de xuño, en Santiago de Compostela, tivo lugar unha mesa redonda na que Higinio Mougán, xerente de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), expuxo a visión das cooperativas ante a nova lei de desperdicio alimentario, en proceso de elaboración, e o impacto que pode xerar no sector agroalimentario cando se implante.

Ana Díaz, subdirectora xeral de Calidade e Sostibilidade Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación identificou as principais características do proxecto de lei facendo énfase na xerarquía de prioridades dos axentes da cadea alimentaria á hora de actuar ante o desperdicio alimentario.

Mougán sinalou que, aínda que a lei ten obxectivos loables, é crucial que sexa flexible e axeitada ás realidades do sector. Neste senso, deixou claro o desacordo das cooperativas con algúns puntos da lei como, entre outros, a xerarquía que establece o borrador, onde a prevención debería figurar en primeiro lugar, seguida de medios e recursos para xestionar o desperdicio e deixar fóra da ecuación ás microempresas agroalimentarias, con moita máis razón ante a sorpresa derivada da excepción da aplicación da lei e da doazón que marca o borrador (prioridade 1) á distribución con superficies menores ou iguais a 1300 m2: «O que, estimamos, pode supoñer que máis do 90 % dos establecementos comerciais da distribución, en Galicia, queden fóra da aplicación da lei».

Desigualdade para as cooperativas e pemes

«Cinco grandes grupos de alimentación ditan o que almorzamos e comemos todos os días, fronte a 30 000 empresas agroalimentarias que entran dentro da normativa da lei», afirmou Mougán, indicando que a lexislación afecta desproporcionadamente aos pequenos produtores. Engadiu que a lei, tal como está deseñada, podería ter consecuencias negativas para algúns segmentos do sector agrícola: «Planificación si, pero chéirome que hai unha parte que vai perder».

Algúns enfoques están feitos dende despachos e fáltalles pisar terra e saber o que hai debaixo.

En relación co Proxecto de lei sobre desperdicio alimentario, Mougán expresou o seu apoio ao obxectivo da lei pero resaltou a necesidade dunha xerarquía de prioridades que sitúe a prevención en primeiro lugar, e medidas que non impoñan cargas adicionais aos produtores: «Algúns enfoques están feitos dende despachos e fáltalles pisar terra e saber o que hai debaixo», declarou, subliñando a necesidade dun entendemento máis profundo da realidade do sector.

Doazóns

O directivo lembrou que os agricultores e gandeiros levan anos traballando na maximización da eficiencia e o aproveitamento de recursos, utilizando tanto a tecnoloxía moderna como as tradicións culinarias que valoran o uso completo dos alimentos. Mougán explicou que esta filosofía permitiu ás cooperativas colaborar eficazmente en iniciativas para reducir o desperdicio de alimentos. Un exemplo diso é a colaboración con AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia), coa que se pretende promover accións de sensibilización, formación e concienciación, así como oportunidades de negocio.

A administración debe aclarar como se pon en marcha o proceso de doazóns deses produtos que non lle gustan á distribución e, probablemente, ao consumidor. Necesitamos infraestrutura, medios, loxística… para poder doar, por exemplo.

Mougán tamén destacou a necesidade de claridade na implementación da lei, especialmente no que respecta ás doazóns. «A administración debe aclarar como se pon en marcha o proceso de doazóns deses produtos que non lle gustan á distribución e, probablemente, ao consumidor. Necesitamos infraestrutura, medios, loxística… para poder doar, por exemplo», sinalou.

«Apoiamos o aproveitamento do desperdicio mediante doazóns, pero que non lle custe ao produtor», afirmou, destacando a importancia de proporcionar os medios necesarios para que estas doazóns sexan factibles.

Coordinación

As cooperativas xogan un papel crucial en coordinar e facilitar accións para reducir o desperdicio alimentario. Segundo Mougán, isto pode lograrse de varias maneiras: influíndo no comportamento dos axentes da cadea, diferenciando entre desperdicio e perda e distinguindo entre o evitable e o non evitable; promovendo campañas de sensibilización; recuperando e reutilizando produtos, coprodutos e subprodutos agrícolas; loitando contra as prácticas comerciais desleais; marcando normas de comercialización e aceptando froitas e verduras de aparencia imperfecta, e aclarando o soporte loxístico para as doazóns.

A redución do desperdicio pode lograrse de varias maneiras: influíndo no comportamento dos axentes da cadea, diferenciando entre desperdicio e perda e distinguindo entre o evitable e o non evitable; promovendo campañas de sensibilización; recuperando e reutilizando produtos, coprodutos e subprodutos agrícolas; loitando contra as prácticas comerciais desleais; marcando normas de comercialización, aceptando froitas e verduras de aparencia imperfecta e aclarando o soporte loxístico para as doazóns.

Mougán identificou varios aspectos da lei que necesitan revisión. En particular, criticou a equiparación de perdas e desperdicios sen considerar factores incontrolables como o clima. «Hai aspectos da lei que non nos gustan. A lei dá a mesma consideración ás perdas que aos desperdicios. Habería que deixar á marxe as perdas», explicou.

Hai aspectos da lei que non nos gustan. A lei dá a mesma consideración ás perdas que aos desperdicios. Habería que deixar á marxe as perdas.

Para Mougán, a xerarquía de prioridades da lei debería centrarse na prevención, seguido da provisión de medios para aproveitar mellor todas as perdas. Chamou a atención sobre a necesidade de claridade na responsabilidade da recolección e transporte en caso de perda.

Tamén criticou as sancións desproporcionadas que comparan grandes empresas con microempresas. —«Non nos gustan as sancións sen proporción, comparando empresas que facturan auténticas millonadas relación a outras microempresas»— e apuntou a conveniencia de eximir ás pequenas de sancións severas. «Se poñemos en contra ao produtor, ao que produce os alimentos, non vai haber para ninguén: nin para quen necesita as doazóns nin para o resto. Como non respectemos ao produtor, isto péchase: hai un 5 % anual de baixas na produción agrícola», advertiu.

Resulta, cando menos, curioso que estean liberados da obriga de doar os establecementos de igual ou menos de 1300 m2, cando en Galicia, segundo as nosas estimacións, poden supoñer máis do 90 % dos que existen. A quen lle imos aplicar a lei?

Outro dos puntos que suscita sorpresa para Mougán está relacionado co tamaño dos establecementos comerciais que están exentos de doar alimentos dos excedentes: «Resulta, cando menos, curioso que estean liberados da obriga de doar os establecementos de igual ou menos de 1300 m2, cando en Galicia, segundo as nosas estimacións, poden supoñer máis do 90 % dos que existen. A quen lle aplicamos a lei, entón?», pregúntase.

A intervención de Higinio Mougán destacou a necesidade de revisar o borrador e dotar a nova lei dun enfoque equilibrado e pragmático, que tome en conta as realidades do sector e promova unha xestión eficiente e sostible dos recursos.

A xornada «Desperdicio cero. Sostibilidade e soberanía alimentaria» logrou reunir a representantes da administración, consumidores, industria, investigación e distribución.

desperdicio alimento claves desperdicio alimentos

Ler revista completa:

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}