• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

O convenio para a comercialización de produtos agrarios de calidade diferenciada de Vegalsa-Eroski e AGACA prevé superar 1.500.000 euros de facturación de 2017

8 de Xuño de 2017
in Novidades
O convenio para a comercialización de produtos agrarios de calidade diferenciada de Vegalsa-Eroski e AGACA prevé superar 1.500.000 euros de facturación de 2017
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A compañía galega de distribución alimentaria estima mercar 1.700.000 quilos de produto este ano, un 12 % máis con respecto ao ano anterior.
  • A distribuidora alimentaria e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) renovaron este convenio de colaboración, que cumpre xa seis anos, no marco da 40º edición da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

No marco da 40º edición da Feira Internacional de Galicia ABANCA, a compañía galega de distribución alimentaria, Vegalsa-Eroski, da man do seu director, Joaquín González, e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), representada polo seu presidente, José Montes, renovaron, por sexto ano consecutivo, o convenio para a comercialización de produtos agrarios de calidade, con trazabilidade, na  rede comercial da compañía conformada por 258 establecementos entre Galicia, Asturias e Castela e León.

Horta de calidade

O volume de produción durante o pasado exercicio foi de 1.523.224 quilos a través da comercialización de 27 produtos típicos da nosa terra e de gran calidade.  A previsión para o presente exercicio pasa por incrementar en máis do 12%  os volumes comercializados co grupo de distribución.

Grazas ao convenio de Vegalsa-Eroski e AGACA, en 2016 produciuse un aumento de produción con respecto á campaña anterior do 3% en volume de produción e de 7,5% en euros de venta. Os alimentos máis demandados foron: leitugas, pementos, tomates, feixóns, cabazas e porros.  Entre os obxectivos do acordo de colaboración atópase implantar novas referencias, mantendo e potenciando as recollidas no convenio anterior e identificar aqueles produtos nos que as cooperativas teñen especial interese para iniciar o desenvolvemento de novas referencias definidas por Vegalsa-Eroski.

Aposta polos provedores galegos

A sexta renovación deste convenio xorde da posta en conxunto entre o grupo de distribución e AGACA pola innovación e o desenvolvemento empresarial de base cooperativa situando o asociacionismo agrario galego en xeral, e hortofrutícola en particular, no escenario do  I+D+i como forma de facer fronte ao reto da competitividade.

Un compromiso que Vegalsa-Eroski estende ao medio rural e á economía agraria como fortes  impulsores do desenvolvemento económico e social de Galicia, así como a firme aposta na súa estratexia comercial co desenvolvemento de los produtos galegos  de calidade diferenciada.

A través da sinatura de diversos convenios de colaboración con diferentes Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas e de participar en numerosas accións en favor do desenvolvemento do medio rural, a compañía logrou que os produtos galegos signifiquen o 31% das súas compras, facendo un investimento de 270 millóns de euros en 2016,  10 millóns máis que en 2015, o que supón un aumento do 3,8%, adquirindo así unha presenza moi destacada nas súas tendas.

Produtos de proximidade e valores sociais

Os produtos de horta procedentes das cooperativas galegas son produtos de proximidade. Chegan rapidamente da terra ao mercado, reducindo custos de transporte, tempo e emisións de gases contaminantes. Non necesitan recollerse con antelación excesiva ao seu punto de maduración precisamente por ese achegamento, o que garante a súa frescura.

O feito de ser comercializados a través das cooperativas tradúcese na eliminación de intermediarios; os beneficios obtidos das vendas reverten directamente na cooperativa e nas súas persoas socias. Ademais, é unha evidencia de éxito dun modelo empresarial que se basea na xestión democrática.

En definitiva, o consumo destes produtos de horta reflicten a aposta pola frescura, a calidade e a responsabilidade social ao apoiarse nos valores que defende o cooperativismo e a economía social.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 258 establecementos entre propios e franquiciados baixo as enseñas de Eroski/Center, Eroski/City, Hipermercados Eroski, Autoservicios Familia e Aliprox. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas catro provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercancías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos de A Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa parte, a división de Autoservicios Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 19 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

 

08/06/2017

Tags: horta/flor
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}