• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

O Convenio para a comercialización de produtos agraios de calidade diferenciada de Vegalsa-Eroski e AGACA prevé ampliar o seu número de referencias e incluír produtos ecolóxicos da horta galega

7 de Xuño de 2018
in Novidades
O Convenio para a comercialización de produtos agraios de calidade diferenciada de Vegalsa-Eroski e AGACA prevé ampliar o seu número de referencias e incluír produtos ecolóxicos da horta galega
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A distribuidora alimentaria e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) renovaron este convenio de colaboración no marco da 41º edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia
  • Nos últimos catro anos, o volume de compras experimentou un crecemento de máis do 37% e contribuíu, a través deste convenio marco, a lograr un incremento aproximado do 15% no que a cadro de persoal se refire, xerando máis de 280 empregos indirectos
  • Para este 2018 espérase incrementar os volumes alcanzados en 2017, que se situaron en máis de 1.500.000 kilos comercializados de 30 produtos típicos de gran calidade
  • Estanse dando os primeiros pasos na produción de produto ecolóxico de orixen galega e a implantación da D.O Grelo de Galicia na próxima campaña comercial

Por sétimo ano consecutivo, a compañía galega de distribución alimentaria  Vegalsa-Eroski e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA), representadas polo seu director xeral, Joaquín González, e polo seu xerente, Higinio Mougán, respectivamente, renovaron o convenio para a comercialización de produtos agrarios de calidade, con trazabilidade, na rede comercial da compañía conformada por 262 establecementos entre Galicia, Asturias e Castela e León. E fixérono como vén sendo xa habitual no marco da 41º edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

O valor da horta gallega

Para este 2018, o convenio contempla entre as súas previsións seguir incrementando os volumes alcanzados en 2017 que se situaron en máis de 1.500.000 quilos comercializados dun total de 30 produtos típicos de gran calidade da nosa terra e incrementar a facturación ata os 1,4 millóns de euros. No últimos catro anos, o volume de compras experimentou un crecemento de máis do 37%.

Das 30 referencias que inclúe o convenio, os alimentos máis demandados polos consumidores e a súa participación sobre o total do volume foron os seguintes: Leitugas (27%), Pementos Padrón e resto variedades (24%), Xudías (12%), Tomates (11%), Cebolas (7%), Allos porros (5%), Nabizas e Grelos (4%). O restante 10% repártese entre Cabaza, Cabaciña, Cogombros, Berenxenas, Repolos e Verzas.

Principais novidades do convenio

Entre as principais novidades que se están fraguando ao amparo deste convenio marco atópase a posibilidade de incluír neste proxecto conxunto de Vegalsa-Eroski e AGACA a produción de produtos de horta ecolóxicos de orixe galega para o que se están dando xa os primeiros pasos para que se converta nunha realidade moi pronto.

Están a facerse tamén probas para ampliar a variedade de referencias que se comercializan ata a data ao amparo deste proxecto, incluíndo entre estes novos produtos, o brócoli. E contémplase incluír ademais, durante a campaña comercial que pon en valor os  grelos, a referencia IXP Grelos de Galicia nos lineais da rede de tendas da compañía.

Produtos de proximidade, frescura e con valores sociais

Os produtos de horta procedentes das cooperativas galegas son produtos de proximidade. Chegan rapidamente da terra ao mercado, reducindo custos de transporte, tempo e emisións de gases contaminantes. Non necesitan recollerse con antelación excesiva ao seu punto de maduración precisamente por esa proximidade, o que garante a súa máxima frescura. Ademais da calidade e orixe diferencial, os produtos de proximidade contribúen a unha alimentación saudable e a impulsar o tecido produtivo do sector agroalimentario.

O feito de ser comercializados a través das cooperativas tradúcese na eliminación de intermediarios; os beneficios obtidos das vendas reverten directamente na cooperativa e as súas persoas socias. Ademais, é unha evidencia de éxito dun modelo empresarial que se basea na xestión democrática. En definitiva, o consumo destes produtos de horta reflicte a aposta pola frescura e a calidade, e a responsabilidade social ao apoiarse nos valores que defenden o cooperativismo e a economía social.

Son un total de tres as cooperativas integradas neste proxecto de horta galega de calidade de AGACA e Vegalsa-Eroski: Melisanto, Horsal e Horta de Galicia. Vegalsa-Eroski representa o 19% do total da súa actividade e contribuíu, a través deste convenio marco, a lograr un incremento aproximado do 15% no que a persoal se refire, xerando máis de 280 empregos indirectos.

Apuesta por los proveedores gallegos

A sétima renovación deste convenio xorde da posta conxunta entre o grupo de distribución e AGACA pola innovación e o desenvolvemento empresarial de base cooperativa situando o asociacionismo agrario galego en xeral, e hortofrutícola en particular, no escenario do  I+D+i como forma de afrontar o reto da competitividade.

Un compromiso que Vegalsa-Eroski estende ao medio rural e a economía agraria como fortes impulsores do desenvolvemento económico e social de Galicia, así como a firme aposta na súa estratexia comercial co desenvolvemento dos produtos galegos de calidade diferenciada.

A través da firma de diversos convenios de colaboración con diferentes Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas e de participar en numerosas accións en favor do desenvolvemento do medio rural, a compañía logrou que os produtos galegos signifiquen o 31% das súas compras, facendo un investimento de 276 millóns de euros en 2017, 7 millóns máis que en 2016, adquirindo así unha presenza moi destacada nas súas tendas.

 Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 262 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/ Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/ City e Aliprox. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución na Coruña, Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 19 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

Sobre AGACA

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias nace en 1988 como unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter non gobernamental, coa finalidade de representar e defender os intereses e as necesidades das múltiples cooperativas agrarias e gandeiras de Galicia. Cumpre coa misión de fomentar e promover o cooperativismo con vontade social de apoio e cooperación, como un instrumento ao servizo das cooperativas asociadas desde o cal se tentan aproveitar todas as sinerxías e constitúense foros de debate en favor dunha procura permantente de puntos en común.

Melisanto S. Coop. Galega (CLUN) conta entre as súas actividades principais, ademais da produción hortícola, a comercialización de leite, de gando vacún, tenda agraria e fábrica de pensos.

Horsal S. Coop. Galega constitúe unha das maiores organizacións no ámbito da horta atlántica, dedicada á produción e comercialización de hortalizas de Galicia.

Horta de Galicia S. Coop. Galega é unha cooperativa de segundo grao dedicada á comercialización de produtos hortícolas.

07/06/2018

Tags: horta/flor
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}