- O 26 de decembro terá lugar a presentación de resultados da primeira edición da iniciativa ES-MENTORING.
- A cita é no Hotel OCA Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, de 09:30 a 12:30h.
- Asistencia previa inscrición nesta ligazón ata completar aforo.
A iniciativa ES-MENTORING, na súa primeira edición, é desenvolvida conxuntamente pola Asociacion Galega de Cooperativas Agroalimentarias Agaca e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, coa colaboración da Xunta de Galicia. A presentación de resultados está prevista para o luns, 26 de decembro, no Hotel OCA Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n), de 09:30 a 12:30h.
A xornada está destinada tanto ás mentoras participantes no programa como ás organizacións mentorizadas nesta edición, ademais doutras entidades da economía social interesadas en coñecer este programa piloto (o Foro pola Economía Social Galega, Reas Galicia, as Comunidades de Montes, as Confrarías de Pescadores, as Sociedades Laborais, as Cooperativas…).
O programa (ver aquí) ten previsto ofrecer un Café antes da Benvida Institucional a cargo da Xunta de Galicia, Agaca e EspazoCoop. A continuación, Teresa Balado, técnica de EspazoCoop, efectuará a presentación de resultados ES-MENTORING, que irá seguida por unha exposición de prácticas de Mentoría É-MENTORING (con casos de mentoras e mentorizadas). Tras finalizar a xornada ofrecerase un Cóctel-Networking.




