NOTA DE PRENSA: Casa Grande de Xanceda
- • Para viaxar neste Bus só se necesita ter ilusión por coñecer outros proxectos exitosos no rural e inscribirse na web (é gratis).
Que é Cultiva Mazás?
“Cultiva Mazás, ti podes ser o Seteve Jobs do rural” é unha iniciativa de Responsabilidade Social de Casa Grande de Xanceda coa que pretendemos fomentar o emprendemento como fórmula para loitar contra o despoboamento do rural.
En que consiste o Bus de Cultiva Mazás?
O próximo 19 de maio arranca dende A Coruña (con parada en Santiago) o Bus de Cultiva Mazás, un Bus do emprendemento con destino O Galo Celta, onde nos espera David Sueiro, responsable desta iniciativa empresarial, para contarnos todos os segredos sobre o seu proxecto no que comercializa o “ovo máis caro do mundo”.
Con capacidade para 25 persoas, o BUS do emprendemento garantiza unha viaxe inspiradora cun condutor de primeira no que a materia de emprendemento se refire: Roberto Perez Marijuán estará nesta viaxe, para cada kilómetro percorrido sexa un kilómetro máis cerca do emprendemento
Quen pode ir no bus de Cultiva Mazás?
Este BUS está dirixido a todas as persoas que contemplan o emprendemento como unha opción para o seu futuro, tamén para aquelas que aínda o estan decidindo ou simplemente para aquelas que buscan inspiración. Todas elas son benvidas no Bus de Cultiva Mazás, so é necesario inscribirse na web e é totalmente gratuíto.
Máis información e inscrición: https://goo.gl/dkHDmH
Así foi a experinecia do Bus de Cultiva Mazás na súa primeira viaxe –> http://www.cultivamazas.com/amplia/19/El-Bus-de-Cultiva-Mazas-visitó- Hifas-de la-Terra.html
Para calquera dúbida ou preguntas, no correo elecltrónico amp@casagrandexanceda.com ou no teléfono 981687007.




