• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Necesidade de recuperar SAU

Publicado en Cooperación Galega - Número 173 maio 2025

3 de Xullo de 2025
in Blog
Necesidade de recuperar SAU
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Estímase que nos últimos 30 anos Galicia perdeu un 20 % da súa superficie agraria útil (SAU) e ten neste momento cerca de 900 000 hectáreas a matogueira, mentres a falta de terra é un dos maiores problemas para as explotacións que seguen en activo. A nosa comunidade perdeu nos últimos 30 anos aproximadamente 150 000 hectáreas produtivas, un 20 % da súa SAU. Aproximadamente, a SAU utilizada actualmente en Galicia estaría algo por debaixo das 700 000 hectáreas, o que representa menos dunha cuarta parte do territorio total da comunidade.

Persoas agricultoras e gandeiras que se xubilan, explotacións que pechan a súas portas e terras de cultivo que quedan no abandono ou, no mellor dos casos, acaban facéndose plantacións forestais de todo tipo. Esta é a realidade do campo galego durante os últimos trinta anos. Realidade que algúns non queren coñecer.

Segundo especialistas, o 40 % da superficie de Galicia sería apta para o cultivo do millo, pero só a metade tería unha aptitude boa para cultivos esixentes como este. Os expertos afirman que a urbanización de terras agrícolas, as plantacións forestais e o abandono son os factores que reducen a SAU. As pequenas explotacións, con menor marxe de beneficio e máis expostas aos baixos prezos do mercado agrario, sucumben fronte as explotacións que gañan músculo, que dispoñen de máis terra e dimensión, que aguantan máis.

O campo galego encolle co envellecemento das persoas agricultoras e a falta de remuda xeracional polas dificultades para competir nun mercado aberto e competitivo, con prezos baixos e con gastos altos obrigados polas normativas comunitarias. Do ano 2013 ao ano 2023 pasamos de 77 663 explotacións agrarias a 43 509. Das 34 154 explotacións menos dedicadas ao cultivo da terra, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE): 18 463 pertencían ao sector de carne, 6165 ao lácteo e o resto a agricultores a tempo parcial ou de autoconsumo. O tamaño medio medrou de 8,44 hectáreas a 13,3. Aínda así, Galicia mantense como a terceira comunidade coas explotacións máis pequenas, tras Canarias e a Comunidade Valenciana.

Por tanto, nunha contorna onde acadar dimensión é clave para subsistir na produción agraria, non acaban de entenderse no sector vitivinícola a lentitude, os impedimentos e/ou as trabas administrativas para que os viticultores e as vitucultoras poidan transformar montes e matogueiras en viñedos. Sabemos que o uso da terra para viño está moi regulado mediante as autorizacións de plantacións e/ou os dereitos de plantación. Son normas que debemos respectar, pero, en Galicia, é vital que os produtores medren. Neste intre en que os viños galegos teñen unha boa aceptación nos mercados e que hai capacidade para valorizar as explotacións vitícolas incrementando o tamaño, non podemos desaproveitar a oportunidade de xerar valor para a poboación rural e animar ás novas xeracións neste cultivo.

O vello refrán galego dinos: nin viña no baixo nin trigo no cascallo. Galicia produce case a metade da madeira de España, e temos un sector forestal forte e en crecemento que medra en base, entre outros factores, ao abandono agrario do rural. Co cambio climático as condicións de aproveitar ladeiras de montes para viñedo increméntanse. Darlle vida e futuro agrario e gandeiro ao rural é darlle acceso a máis terra aos produtores, unha misión de todos, na que todos debemos comprometernos de verdade.

Leer revista completa:

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}