«As mulleres do rural somos independentes, somos empresarias, traballamos, imos ao ximnasio, gústanos ir arregladas, gústanos saír. Non nos sentimos identificadas coa imaxe dunha muller con pañoleta e mandilón, somos campesiñas con tacóns»: Mercedes Vázquez López, gandeira socia da cooperativa Aira reivindica orgullosa a súa condición de gandeira, titular da súa explotación.
Como a mair parte de profesionais da gandería, as súas raíces están vinculadas á tierra, aos animais. A familia de Mercedes era gandeira e ela traballou fóra ata que nun momento da súa vida asumiu que o que en realidade lle gustaba era traballar na granxa, cos animais. Retomou a actividade cos seus pais e hoxe dirixe unha explotación que rolda as 50 cabezas, con axuda dou seu pai.
Mercedes síntese afortunada coa vida que leva: «É vida isto. A xente anda moi nerviosa. É certo que hai que traballar pero tamén o é que ti adaptas os horarios, non son estritos e tes tempo para descansar tamén. Ademais, traballar con animais e moi satisfactorio; coas vacas, por exemplo, nótase que canto máis tranquilo esteas, mellor responden. Eu acariño nelas, chámoas polo nome e véxoas a gusto».
Esta gandeira asiste as reunións e asembleas da cooperativa e, malia que non forma parte da directiva aínda, na súa mente non descarta presentarse cando sexa o momento. Nestes intres non hai mulleres no Consello Reitor e está convencida de que sería moi positivo incorporar puntos de vista femininos ademais de servir para que outras mulleres se animen a implicarse máis.
Mercedes lembra como un momento decisivo na súa disposición a súa participación nunha reunión da Asociación de mulleres de AGACA, «Nós, as Mulleres». Ese día sentiuse orgullosa: «[Vin que] somos mulleres que estamos ao día, que somos mulleres empoderadas, capaces e con ideas», e tomou a decisión de involucrarse aínda máis nas distintas actividades que vaian xurdindo.
Que pode haber mellor que vivir e traballar nun lugar onde todo estea verde, poidas correr e andar sen restricións de espazos, que o teu espertador sexa un paxaro, saber o que comes e comer san, liberdade de horarios…?
Con respecto á mocidade: «Diríalle que se animen a quedar no rural, que si hai calidade de vida, que non e como algunha xente di; que non tes o estrés da urbe, que no rural hai xente como noutros lugares: preparada, vangardista e aberta. Que traballar cos animais enriquece a un e vólveste mellor persoa. Que pode haber mellor que vivir e traballar nun lugar onde todo estea verde, poidas correr e andar sen restricións de espazos, que o teu espertador sexa un paxaro, saber o que comes e comer san, liberdade de horarios…?»
Esta entrevista é posible grazas á actuación financiada a través do Programa de Asistencia Técnica 2024 enmarcado dentro das actuacións do Convenio MAPA-Cooperativas Agro-alimentarias de España para o desenvolvemento de diversas actividades de mellora da competitividade e modernización das cooperativas agroalimentarias e a formación, igualdade e relevo xeracional en consellos reitores.
![]() |
![]() |






