- SILAC, o Sistema de Información Lácteo da Interprofesional Láctea Inlac, é un portal web accesible a usuarios procedentes de todas as ramas do sector lácteo (produción, transformación e distribución) que obteñan clave de acceso.
Os seus obxectivos principais son:
Ser unha fonte de información ordenada, independente, coherente e accesible dos mercados e produtos lácteos que achegue transparencia ao sector lácteo español e axude á toma de decisións en todos os ámbitos relacionados coa súa cadea de valor.
Ser unha ferramenta para mellorar o funcionamento do sector lácteo que se atopa ao servizo dos todos os operadores e en xeral, de todas as persoas interesadas no sector.
Integrar a información relativa aos mercados do leite en orixe e dos produtos lácteos nos diferentes chanzos da produción e comercialización, representando unha xanela única para a consulta de fontes estatísticas de organismos e institucións públicas, a nivel nacional, europeo e internacional.
Para solicitar unha clave de usuario e acceder á información, visite www.silacinlac.es.
Pode atopar máis información sobre como solicitar unha clave de usuario en “Documentación 1” (formato PDF)




