COMUNICADO DE PRENSA
Na reunión celebrada o 21 de marzo en Bruxelas
Mónica Sanz, representante de Cooperativas Agro-alimentarias de España elixida Vicepresidenta do Grupo de Traballo Xestión do Risco do COPA-COGECA
- O Grupo de Traballo de Seguros, (Risk Management), do COPA-COGECA elixiu como vicepresidenta primeira a Mónica Sanz, representante de Cooperativas Agro-alimentarias de España.
Mónica Sanz desempeña actualmente o seu labor profesional en UTECAMP, empresa de Cooperativas Agro-alimentarias da Comunidade Valenciana, especializada en seguros agrarios. Sanz desenvolve o seu labor de asistencia e consultoría en xestión de riscos e implantando programas de solucións aseguradoras no ramo agrario. Enxeñeira agrónoma de formación ten unha ampla experiencia no sector agrario, participa activamente nas Comisións de ENESA, tanto nos Grupos de Traballo como nos Grupos de Normativa encargados do perfeccionamento das liñas de seguro agrario.
O debate sobre a xestión do risco nas institucións comunitarias será clave nos próximos anos cara a perfilar o deseño da nova PAC. Por iso, Cooperativas Agro-alimentarias de España ve necesario fomentar a reflexión entre todas as organizacións de agricultores e cooperativas da UE co obxectivo de canalizar enfoques e sinerxías comúns sobre o futuro dos instrumentos europeos de xestión de risco.
De feito, os traballos nas institucións comunitarias xa empezaron. O Parlamento Europeo está a traballar nun informe sobre a volatilidade dos mercados. Este factor de risco é un elemento clave de discusión, máxime cando a Comisión Europea vai realizar un informe proximamente para avaliar a aplicación destes sistemas que forman parte da PAC, en concreto da política de desenvolvemento rural, para explorar o fomento da súa utilización por parte dos Estados membro. Actualmente só 12 dos 28 EEMM contan con instrumentos de xestión do risco dentro da PAC, desempeño que hai que analizar.
Neste sentido, este Grupo de Traballo xoga un labor crave como punto de discusión e encontro entre as delegacións de agricultores e de cooperativas de todos os EEMM, ademais de impulsar e alimentar o debate para alcanzar posicións comúns na próxima PAC.
Xunto a Mónica Sanz, resultaron elixidos Paola Testori, da Organización Italiana Coldiretti, como presidenta e Thomas Gehrke, da Organización de Agricultores de Alemaña, como vicepresidente Segundo.




