O 17 de setembro a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) desenvolveu o Congreso “Talento Empresarial Feminino” en Santiago de Compostela no que participou un selecto número de mulleres profesionais que puxeron sobre a mesa os principais retos a afrontar, como é o liderado femimino e as barreiras a superar. Un conxunto de experiencias de alto valor personal, profesional e social, reflexo dunha sociedade plural, aberta e competente.
Entre as participantes, estivo Loli Calvo, presidenta de “Nós, as mulleres”, a asociación de mulleres das cooperativas agroalimentarias, presidenta tamén da cooperativa Condes de Albarei e integrante da representación sectorial de viño de costa de AGACA.
Participaron na apertura do Congreso a vicepresidenta e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo e o presidente da CEG, Manuel Vieites Baptista.







