LAKTIS – Innovación e transferencia de coñecemento en sostibilidade para o sector agrogandeiro lácteo

LAKTIS – Innovación e transferencia de coñecemento en sostibilidade para o sector agrogandeiro lácteo (REGAGE24e00071667711) é un proxecto de intercambio de coñecemento no sector agroalimentario que nace cun obxectivo claro: impulsar a descarbonización do sector lácteo en Galicia e Asturias dende unha mirada colaborativa e territorial. A través da celebración de 11 eventos, promovemos o diálogo entre profesionais da gandería, industria, persoal experto e administración para desenvolver ferramentas adaptadas á realidade de cada explotación e garantir que os coñecementos agrarios e as innovacións do sector estean ao alcance de todas as persoas que os utilizan.

LAKTIS está promovido por unha agrupación formada por:

  • A consultora Medrar Innovation Office
  • Cooperativa Rural Galega CLUN
  • Central Lechera Asturiana
  • AGACA
  • CAPSA FOOD

Coa colaboración de empresas punteiras en sustentabilidade:

  • Innogando
  • Solid Forest
  • Pentabiol
  • Entomo Agroindustrial
  • ODOS
  • Investigadores da USC BioGroup
  • Profesor emérito Gregorio Salcedo

O proxecto busca, entre outros obxectivos, acadar reduccións de entre o 5 e o 15 % nas emisións de carbono nas explotacións piloto e sensibilizar a máis de 200 persoas en relación coa sustentabilidade do sector lácteo.

LAKTIS é beneficiario dunha axuda para o intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027; cofinanciadas ao 43 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER e ao 57 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O montante total da axuda ascende a 326.777,11 €.

WEB E REDES DO PROXECTO:

Web:https://www.laktis.es/

Instagram: instagram.com/laktis_proyecto

Facebook: facebook.com/people/Laktis/61576353268369

LinkedIn: www.linkedin.com/company/proyecto-laktis


 Imagen que contiene Texto El contenido generado por IA puede ser incorrecto.Texto El contenido generado por IA puede ser incorrecto.