AGACA, a través do proxecto POCTEP ES-Factory, convoca 6 prazas para a realización de estancias formativas en cooperativas, logo dunha formación teórica.
Coas Bolsas Formativas do Programa Formo-Talento, ES-Factory ofréceche a oportunidade de realizar unha formación práctica en cooperativas durante 6 meses, a razón de 25 horas semanais, de luns a venres, en modalidade presencial.
Está deseñado para desenvolver as túas habilidades de liderado, xestión e traballo en equipo, mentres contribúes ao fortalecemento dos valores cooperativos.
Que che ofrecemos?
✅ Experiencia real no sector cooperativo.
✅ Mentoría e capacitación continua.
✅ Unha oportunidade de expandir a túa rede profesional.
✅ Apoio económico para que te enfoques no teu desenvolvemento.
A quen está dirixido?
A persoas con titulación de Enxeñería Agrónoma, Veterinaria, ADE ou calquera outra relacionada coa xestión empresarial, e con interese no modelo cooperativo, na xestión empresarial e no desenvolvemento social.
📆 Prazo de inscrición: ata o 16 de febreiro de 2025
✍️ Como inscribirse:
1º Cubre e envía o formulario: https://forms.gle/74Q9yoSrE7AnxEqC6
2º Envía o teu CV por correo electrónico a loli@agaca.coop
Aproveita esta oportunidade de transformar a túa carreira profesional e marcar a diferenza! 🌍🤲
🔑A finalidade do Programa Formo-Talento e das Bolsas Xerenciais é mellorar a xestión das cooperativas, abordando procesos de mellora das organizacións, á vez que se mellora a empregabilidade das persoas participantes, aumentando a súa capacitación mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas beneficiarias.
Así pois, tanto a persoa bolseira coma a cooperativa contan co apoio da mentoría e titorización de AGACA, apoiando as súas necesidades e demandas para o mellor desenvolvemento do programa.
Enmárcase dentro das actuación a desenvolver no ámbito do Proxecto 0259_ES_Factory_1_E , cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Máis información sobre o proxecto ES-Factory en https://agaca.coop/gl/es-factory/




