- A xornada “Fitosanitarios e cooperativas” terá lugar o 30 de abril de 09:30 a 14:30 h. online.
- É gratuíta e a inscrición realízase cubrindo este formulario.

AGACA imparte a xornada “Fitosanitarios e cooperativas” con diferentes obxectivos. Tratarase de revisar a nova normativa no uso de produtos fitosanitarios en Galicia, identificando os principais problemas que atopan os servizos técnicos das cooperativas e potenciais solucións; abordarase o nivel de compromiso das persoas socias das cooperativas co uso sostible de fitosanitarios, para identificar as áreas que se necesitan reforzar e dar a coñecer o estado das principais innovacións no coidado das plantas que poden impactar nos servizos ás persoas socias.
Así pois, a xornada é de especial interese para persoal técnico e persoas que ocupen cargos directivos en cooperativas agroalimentarias ou outras entidades da economía social, como poden ser membros de consellos reitores ou da xerencia, ademais de para mulleres e persoas de 18 a 35 anos socias de cooperativas.
- Lugar: online.
- Horario: 09:30 – 14:30 h.
PROGRAMA
09:30 a 10:00 h. Presentación da xornada.
D. Higinio Mougán. Director xerente de AGACA.
10:00 a 11:00 h. RD 1050/2022 para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios: prazos, indicadores individualizados de uso e valor de referencia. Aplicación na normativa sectorial do caderno dixital de explotación.
D. Víctor Novo. Xefe de Servizo de Sanidade e Produción Vexetal. Consellería do Medio Rural.
11:00 a 11:30 h. Apoio ás cooperativas agrarias dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
D.ª Marta Mariño. Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
11:30 a 13:00 h. MESA REDONDA: Xestión Integrada de Pragas e posibles estratexias a aplicar nos sectores de viño, horta e oliva en cooperativas galegas: (trampas, fauna útil etc.), almacenaxe seguro de fitosanitarios, ITEAF, EPI, CUE, asesoramento a persoas socias etc. (consellos e estratexias fundamentais).
RELATORES:
D. Fran Pico. Técnico de Agroflor S. Coop. Galega.
D. Alberto Barral. Director Técnico Adega Condes de Albarei S.Coop. Galega.
D. Carlos Alberte. Director de Viticultura de Viña Costeira S.Coop. Galega.
D. Neida Vila. Responsable Dpto. Técnico de Horsal S. Coop. Galega.
D.ª Marta Magalhaes. Técnica de Proligal S.Coop. Galega.
D. Diego García. Responsable Dpto. Viticultura de Paco y Lola S.Coop. Galega.
D.ª Cruz Otero. Técnica de AIRA S.Coop. Galega.
MODERA:
D.ª Loli Couso. Técnica de AGACA.
13:00 a 13:40 h. 13:00 – 13:40 – Innovacións de interese produtiva: fertilizantes foliares, biofertilizantes, bioestimulantes, nutrixenómica etc. nas producións agrarias galegas..
D. Francisco Pérez. Director Técnico de Alltech Croops.
13:40 h. Preguntas e aclaracións.
13:50 a 14:20 h. 13:50 – 14:20 – Tratamentos fitosanitarios e abonos foliares con DRONS: Son necesarios? En que condicións son posibles e viables?
D. David Blanco. CEO de Beniu.
14:20 h. Preguntas e aclaracións.
14:30 h. Clausura da xornada.
D.ª Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



