NOTA D EPRENSA: Feiraco
- Celebra por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que sortearán centos de “Vacamisetas” e vestirán os seus packs de leite con este divertido estampado.
- A promoción, que comezou o día 6, finalizará o 28 de febreiro, martes de Entroido, e desenvolverase nos puntos de venda en Galicia e nas canles online da marca.
Por sexto ano consecutivo, Feiraco celebra cos consumidores una das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido. Con tal motivo, a marca galega ha activado unha divertida promoción que estará presente nas principais cadeas de distribución de Galicia con tres modelos de caixas de leite que lucirán un deseño especial como homenaxe ao característico estampado que locen as vacas.
Nesta ocasión, sortearanse centos de ‘Vacamisetas’ con este print exclusivo, dispoñibles en tres cores (verde, azul e vermello) que os consumidores poderán conseguir só por comprar unha caixa de seis litros de calquera variedade de leite clásico de Feiraco. Para entrar no sorteo, deben enviar unha fotografía do ticket de compra á App do sorteo, situada na páxina oficial de Facebook/FeiracoLacteos.
Esta campaña 2017 terá unha duración de tres semanas e finalizará o 28 de febreiro, martes de Entroido, cando conclúa a recepción de participacións e se proceda ao sorteo dos premios. A campaña completarase con materiais de imaxe decorados cos motivos do Entroido Feiraco nos puntos de venda e difundirase a través das redes sociais nas que a marca está presente, Facebook, Instagram etc.
15/02/2017




