• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Entrevista AEIGA: “Demostramos que é posible combinar viabilidade económica con compromiso social”

Publicado en Cooperación Galega - Número 174 Agosto 2025

9 de Setembro de 2025
in Blog
Entrevista AEIGA: “Demostramos que é posible combinar viabilidade económica con compromiso social”
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

As Empresas de Inserción son unha fórmula singular da economía social que combina actividade empresarial con inserción sociolaboral de persoas en situación de risco de exclusión. En Galicia, este  modelo vén consolidándose grazas ao labor de AEIGA, a asociación que as representa dende 2007. Falamos coa presidenta da entidade, María Isabel Fraga Castro, para coñecer en profundidade como funcionan estas empresas, que impacto teñen e cales son os seus principais retos.

Cooperación Galega (C.G.): Cantas empresas representan e en que actividades están presentes?

Isabel Fraga (I.F.): Na actualidade, AEIGA representa a 12 Empresas de Inserción en Galicia. Operan en sectores económicos moi diversos, como a xestión de residuos téxtiles, voluminosos e aceite vexetal, a limpeza, a restauración, a agricultura ecolóxica, obras menores, servizos, desbroces e mantemento de zonas verdes, entre outros ámbitos con potencial para xerar emprego inclusivo. Este ano incorporáronse tres novas empresas, o que reflicte a consolidación e o crecemento do sectorna nosa comunidade.

C.G.: Cal é o apoio máis habitual que presta ás empresas asociadas?

I.F.: O apoio máis habitual céntrase no asesoramento técnico e normativo, na interlocución coas administracións públicas, no acompañamento en procesos de creación e cualificación como Empresas de Inserción, así como na promoción da visibilidade e da cooperación entre as entidades asociadas. Actualmente estamos a traballar en varias liñas: o fomento da reserva de contratos reservados por parte da Administración Pública para empresas de inserción e centros especiais de emprego de iniciativa social e no impulso da creación de novas empresas de inserción.

C.G.: Para quen non o coñeza, como definiría dunha forma sinxela que é unha Empresa de Inserción?

I.F.: Unha empresa de inserción é unha entidade de economía social que combina a actividade empresarial coa función social de inserir laboralmente a persoas en situación ou risco de exclusión social. Ofrecen unha oportunidade real e digna de integración a través do traballo. A través do seu modelo, demostran que é posible combinar viabilidade económica con compromiso social, converténdose nunha ferramenta eficaz para facer fronte ás desigualdades estruturais e contribuír a unha sociedade máis xusta, inclusiva e cohesionada. Son un instrumento de transición cara ao emprego ordinario para persoas que precisan dun acompañamento especializado. Estes itinerarios combinan o traballo remunerado cun proceso de acompañamento e formación que ten carácter transitorio, o tempo máximo de permanencia dunha persoa en inserción na empresa é de tres anos, e o obxectivo final é a súa incorporación ao mercado laboral ordinario.

Por outra banda, nas Empresas de Inserción é obrigatoria a presenza de persoal técnico de acompañamento á produción e á inserción. Estas persoas profesionais desempeñan unha función clave: acompañan á persoa traballadora durante toda a súa estancia na empresa, traballando aspectos sociais, persoais e profesionais. Isto é o que permite á persoa mellorar a súa empregabilidade real. Pero aínda máis importante é que este persoal técnico tamén realiza tarefas de prospección laboral no mercado ordinario, co obxectivo de facilitar a integración efectiva das persoas unha vez rematada a súa etapa na Empresa de Inserción. Ademais, fan seguimentos posteriores para garantir a continuidade do proceso de inclusión e evitar recaídas.

C.G.: Cales son os requisitos básicos que debe cumprir unha empresa para obter esa cualificación de Empresa de Inserción?

I.F.: En primeiro lugar, a empresa debe ser promovida por unha ou varias entidades sen ánimo de lucro, incluídas as de dereito público, cuxo obxecto social contemple a inserción social de persoas en situación de vulnerabilidade, e ter unha actividade económica real e diferenciada. É imprescindible que reinvista polo menos o 80 % dos beneficios na mellora da propia empresa ou nas accións de inserción, sen repartir dividendos. Ademais, a porcentaxe de persoas traballadoras en inserción non pode ser inferior ao 30 % do cadro de persoal, e debe alcanzar o 50 % no prazo de tres anos dende a cualificación. Estas persoas deben ser contratadas con todas as garantías laborais e desenvolver un itinerario individualizado de inserción, acompañado por profesionais que lles presten apoio social, formativo e laboral. Tamén debe inscribirse no Rexistro de Empresas de Inserción da Xunta de Galicia e acreditar que dispón dos recursos técnicos e humanos necesarios para garantir o cumprimento destes obxectivos.

C.G.: Falamos tamén das persoas. A quen van dirixidos eses contratos de inserción e como se acompaña a súa incorporación ao mercado laboral?

I.F.: Van dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social que, a pesar de poder e querer traballar, atopan serias dificultades para acceder ao mercado laboral ordinario polos condicionantes da súa realidade persoal, social ou formativa. Falamos de persoas derivadas polos servizos sociais ou por outras entidades acreditadas, que pertencen a colectivos especialmente vulnerables: persoas desempregadas de longa duración, sen fogar, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas migrantes sen rede de apoio, mozos e mozas sen cualificación, persoas con antecedentes penais, entre outros perfís recollidos na normativa.

C.G.: Que datos ou exemplos nos poderían axudar a entender o impacto real que estas empresas teñen en Galicia?

I.F.: O impacto vese reflectido tanto nos datos cuantitativos — número de persoas que cada ano acceden a un emprego— como cualitativos, pois representan uncambio real na vida das persoas. Moitas delas acadan autonomía económica, autoestima e novas oportunidades vitais. Ademais, estas empresas contribúen ao desenvolvemento local sostible e á cohesión social dos seus territorios. Cada persoa contratada supón un aforro á Administración en canto a eliminación de posibles axudas que poida estar cobrando esa persoa, cotizacións á Seguridade Social, aumento do consumo etc. Polo tanto, supón tamén unha menor dependencia dos servizos sociais e maior recadación fiscal.

Segundo os datos do Balance Social de AEIGA no 2024, estamos falando dun retorno económico vía impostos a administracións públicas de 460 443,51€ e un aforro para a administración pública pola contratación de persoas con rendas de inserción, de 68 624,80€.

C.G.: Que dificultades ou retos atopan tanto no apartado económico como no normativo?

I.F.: Entre os principais retos destacan a inestabilidade e insuficiencia dalgunhas liñas de financiamento público, a complexidade administrativa para o recoñecemento e funcionamento das Empresas de Inserción, e a necesidade de maior recoñecemento institucional e social do seu labor. Tamén se enfrontan a dificultades para acceder a contratacións públicas reservadas; a pesar do marco normativo existente, hai unha escasa implantación real nas administracións locais e autonómicas. Atopamos complicado o acceso tamén a contratos privados, en moitos casos por descoñecemento do seu valor social ou por prexuízos sobre a calidade do servizo.

C.G.: Por último, que mensaxe lle lanzarían ás cooperativas e entidades de AGACA que queiran achegarse ou colaborar coas Empresas de Inserción?

I.F.: Animámolas a coñecer máis de preto a realidade das Empresas de Inserción e a establecer sinerxías. A colaboración entre entidades de economía social é clave para fortalecer o sector e avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva. Hai moitas oportunidades de traballo conxunto, dende a contratación de servizos ata a creación de proxectos compartidos con impacto social. Ademais, podemos dotar de talento ás cooperativas nun momento no que moitas delas están a ter dificultades para incorporar man de obra nas súas explotacións.

As Empresas de Inserción poden ser unha ponte eficaz entre persoas con potencial e ganas de traballar, e cooperativas que precisan reforzar os seus equipos. Un beneficio mutuo, con impacto social real.

CONTACTO DE AEIGA:
881 957 452 / 698 120 455    aeigagalicia@aeiga.org

 

Esta entrevista enmárcase dentro do proxecto europeo Es-Factory, unha red de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas acti vidades emerxentes de Galicia e Norte de Portugal. Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Traballan en ES-Factory oito entidades de Galicia e da rexión Norte de Portugal: a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (que lidera o proxecto); a Universidade de Santiago de Compostela (USC); a Agrupación Empresarialde Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL); a Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP, AGACA; a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD); a Associação Centro Incubação Base Tecnolóxica do Minho (In.Cubo) e a Associação Universidade-Empresa para ou Desenvolvimento (TecMinho).

 

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}