EMPRENDE EN LARANXA é unha convocatoria lanzada pola Xunta de Galicia no marco do proxecto de cooperación interrexional “ES-FACTORY” para detectar novas oportunidades e liñas de negocio da Economía Laranxa de Galicia e o Norte de Portugal a través de persoas e entidades que acheguen ideas para abordar as necesidades e retos vencellados neste ámbito, coa Economía Social.
EVENTO: EMPRENDE EN LARANXA
- Día: 4 de Novembro
- Lugar: Santiago de Compostela: Edificio Fontán, Cidade da Cultura
- Hora: De 9:30 a 14:00h
- Formulario de inscrición
- Bases
- Máis información: aquí ou no correo info@es-factory.eu.
- Data límite inscrición: 30 outubro de 2024
No evento escolleranse as ideas con máis interese por parte das persoas asistentes e crearanse grupos de traballo que serán facilitados por persoas expertas en dinamización de grupos e emprendemento social para pasar da idea á oportunidade de negocio.
Tamén é posible achegar ideas sen asistir ao evento ou asistir ao evento sen ter achegado ideas.
🪢 AGACA forma parte do grupo de entidades socias do proxecto ES-FACTORY
ES-FACTORY é un proxecto cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI-A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2021-2027






