- A xornada “Dixitalización, Caderno e Cooperativas” terá lugar o 23 de xullo de 09:30 a 14:30 h. online.
- É gratuíta e a inscrición realízase cubrindo este formulario.
AGACA imparte a xornada “Dixitalización, Caderno e Cooperativas” con diferentes obxectivos. Tratarase de introducir as tecnoloxías avanzadas e as oportunidades que ofrecen no ámbito agroalimentario; afondar en casos reais de implantación e coñecer os servizos de apoio dispoñibles para o acompañamento da dixitalización; e informar sobre a situación actual do Caderno Dixital, os avances logrados en Galicia e os seguintes pasos previstos.
Así pois, a xornada é de especial interese para persoal técnico e persoas que ocupen cargos directivos en cooperativas agroalimentarias ou outras entidades da economía social, como poden ser membros de consellos reitores ou da xerencia, ademais de para mulleres e persoas de 18 a 35 anos socias de cooperativas.
- Lugar: online.
- Horario: 09:30 – 14:30 h.
PROGRAMA
09:30 a 9:45 h. Presentación da xornada.
D. Higinio Mougán. Director xerente de AGACA.
09:45 a 10:00 h. Tendencias na lexislación societaria e futura Lei de Cooperativas de Galicia.
D. Miguel Mª Sáenz de Viteri. Letrado de AGACA. Experto en lexislación cooperativa.
10.00 h. Preguntas e aclaracións.
10:10 a 10:25 h. Introdución á Dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector. De que falamos? Por que? Para que?
Equipo Técnico DIH Datalife.
10:25 a 11:35 h. Inmersión nas tecnoloxías avanzadas claves por sector e tipo: automatización e robótica, sensores e internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, dróns e observación satelital, SIG, ciberseguridade, blockchain.
Equipo Técnico DIH Datalife.
11:35 h. Preguntas e aclaracións.
11:45 h. Descanso
12:00 a 12:45 h. Casos de éxito de implantacións tecnolóxicas disruptivas: casos reais.
Equipo Técnico DIH Datalife.
12:45 h. Preguntas e aclaracións.
12:55 a 13:15 h. Servizos de Apoio de EDIH DATAlife.
Equipo Técnico DIH Datalife.
13:15 h. Preguntas e aclaracións.
13:25 a 14:15 h. Caderno Dixital: Situación normativa. Asesorametnos feitos en Galicia e futuros. Formación. Estado do Caderno C3 e avances logrados. Próximos pasos.
D. Pablo Fernández Álvares de Buergo. Técnico de Sostibilidade e Innovaicón de Cooperativas Agro-alimentarias de España
14:15 h. Preguntas e aclaracións.
14:30 h. Clausura da xornada.
D.ª Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




