• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

DELAGRO organiza xornadas técnicas sobre fertilizantes, forraxes e ensilado en Abanca Cimag-GandAgro

20 de Xaneiro de 2017
in Novidades
DELAGRO organiza xornadas técnicas sobre fertilizantes, forraxes e ensilado en Abanca Cimag-GandAgro
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

NOTA DE PRENSA:  Delagro S. Coop.

  • Durante as xornadas do xoves 26 e o venres 27 de xaneiro terán lugar catro conferencias técnicas, organizadas por DELAGRO S. Coop., abertas calquera profesional con interese nas novidades sobre fertilización, forraxes e ensilado.
  • A entidade tamén presentará un novo fertilizante para plantacións forestais e é candidata ao “V Concuso de Innovación tecnolóxica Abanca GandAgro”.
  • A Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro 2017 desenvolverase entre o 26 e o 28 de xaneiro en Silleda.

DELAGRO S. Coop. estará presente nas dúas primeiras xornadas da Feira Abanca Cimag-GandAgro 2017 con catro conferencias técnicas dirixidas a profesionais do sector.

O primeiro relatorio será o día 26, sobre a aplicación de fertilizantes mediante adobadoras de proxección, a cargo de Mariano Nogueiras, do Departamento de Enxeñería Agrícola e Forestal da Universidade de Valladolid. A continuación, Gregorio Salcedo, profesor de nutrición animal no cántabro Centro Integrado de FP “La Granja” expoñerá “A pegada de carbono en forraxes”. As conferencias serán de 12:00 a 13:30 horas.

A segunda xornada, o día 27 e no mesmo horario, empezará coa charla ”Evolución de resultados analíticos de forraxes en explotacións gandeiras”, con María Hermida, xefa de laboratorio en Laboratorio de Mouriscade, unha entidade sen ánimo de lucro da Deputación de Pontevedra que presta servizos gandeiros.

A última conferencia profundará na aplicación de conservantes no manexo do ensilado. Expón Mario García, director técnico de 3F Technology, compañía especializada en aditivos para alimentación animal.

Innovación

Doutra banda, Delagro entra no V Concurso de innovación tecnolóxica “Abanca GandAgro Innova 2017” con DELAGROS e MANDOS, ferramentas dixitais de desenvolvemento propio que permiten un sistema de control e monitoreo virtual de negocio para favorecer procesos de integración cooperativa. Ambas funcionan plenamente nas cooperativas Delagro, Agris e Icos e atópanse en proceso de implantación noutras entidades socias de Delagro.

DELAGROS, é un Sistema de Planificación de Recursos Empresariais flexible e adaptado a cooperativas gandeiras, con máis de 75.000 referencias a produtos habituais. Permite cubrir desde necesidades legais ata formulacións de produtos zoosanitarios adaptándose, mediante módulos, a distintas áreas de negocio. MANDOS é un cadro de mandos integral en tempo real con indicadores estatísticos de todas as áreas de negocio da empresa.

Na edición 2015 do Concurso, Delagro logrou unha Mención para Profer, programa de abonos á carta.

Lanzamento

Na súa caseta do recinto feiral, Delagro presentará Splendia, unha nova gama de fertilizantes para plantacións forestais, con formulacións específicas para varios tipos de arboledo. Splendia vén propiciada por coñecementos adquiridos durante o longo proceso de investigación —con entidades académicas e científicas— que xa dera lugar a Bisannia, liña de fertilizantes cuxas fórmulas son adaptables ás necesidades específicas de cada explotación.

Tamén na caseta mostraranse a gama de fertilizantes Arvum, dirixida a distribuidores, e contarán con produtos de Yara,  prime fabricante mundial de abonos e partner de Delagro para distribución no noroeste peninsular. Delagro ofrecerá ademais demostracións de rendemento con maquinaria e plásticos de encintado.

Abanca Cimag-GandAgro 2017

A feira Abanca Cimag-GandAgro 2017, que na súa primeira edición o pasado ano recibiu centos de asistentes, conta entre as súas propostas con demostracións de maquinaria, presentacións de servizos, entidades e produtos así como concursos. Sitúase no recinto da Fundación Semana Verde, en Silleda, cun horario diario de apertura de 10:00 a 19:00 horas.

Consulte o programa completo de Xornadas de Delagro en “Documentación 1”

20/01/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}