- Trece persoas recibiron o diploma que acredita a súa aptitude para o manexo de Carretillas Elevadoras tras finalizar a formación organizada polo Concello das Pontes de García Rodríguez, na que colaborou Delagro.
- Ao acto de entrega de diplomas acudiron José Alén Cal, alcalde en funcións das Pontes, e Carlos Castro, director xeral de Delagro.

Esta mañá, nas instalacións do Complexo Industrial Multidisciplinar de Delagro, nas Pontes, tivo lugar a entrega de acreditacións para os estudantes que finalizaron o curso “Manexo de Carretilla Elevadora”, dirixido a persoas en situación de desemprego e impulsado polo Concello das Pontes de García Rodríguez. Trece persoas finalizaron o curso, tras atopar emprego dous dos 15 participantes iniciais.
Entregaron os diplomas José Alén Cal, alcalde funciones das Pontes, e Carlos Castro, director xeral de Delagro.
Delagro cedeu as súas instalacións así como as carretillas elevadoras para a realización do curso, cuxa impartición correu a cargo dunha entidade especializada, Ap Consultores. As clases desenvolvéronse entre o 7 e o 11 de agosto, sumando 25 horas formativas, das cales 14 destináronse a poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Estas prácticas levaronse a cabo no Complexo multidisciplinar de Delagro nas Pontes.
Compromiso social
Delagro realiza esta acción formativa como parte da súa estratexia de responsabilidade corporativa. Coa iniciativa, busca favorecer a formación e profesionalización de persoas en situación de desemprego para aumentar as súas posibilidades de inserción laboral, tanto na propia Delagro como noutras entidades.




