Unha vez analizada a situación do campo e os rendementos
Cooperativas Agro-alimentarias de España prevé unha colleita de cereais de 23,4 millóns de toneladas
Cooperativas Agro-alimentarias de España prevé unha primeira valoración sobre a colleita de cereais de 23,4 millóns de toneladas, cun rendemento esperado de 3,91 t/ha. Este rendemento é similar ao da colleita de 2013, que superou os 24 millóns de toneladas. Trátase dunha primeira estimación dado que as choivas e as baixas temperaturas están a atrasar o ciclo de cereal en todas as Comunidades Autónomas.
Destaca a forte caída de superficie en millo, un 20,41% con respecto a 2015, o que provocará unha diminución de máis do 20% na produción. A cebada presenta unha lixeira recuperación de superficie do 1,42% respecto de 2015, que levará un aumento na produción do 41.56% e unha mellora do rendemento respecto de 2015 ao pasar de 2,63 t/ha. a 3,67 t/ha. En trigo brando a pesar de ter unha caída de superficie do 2,38%, prevese un aumento na produción do 38,43%. Mentres que o trigo duro recupera un 14% de superficie respecto de 2015, co que aumentará a súa produción un 27,01%.

En “Documentación 1” (PDF, 2 Mb, en español) inclúense a estimación de produción, superficie e rendementos por cultivos e Comunidades Autónomas.




