COMUNICADO DE PRENSA: CONDES DE ALBAREI
- A adega Condes de Albarei aposta e reforza o seu compromiso co medio ambiente apoiando a acción para un futuro máis próspero e seguro.
Adega Adega Condes de Albarei reforza o seu compromiso co medio ambiente ano a ano, unha aposta que reflicte os valores desta adega e que ven plasmados nos datos alcanzados. Así, no ano 2015 Condes de Albarei contribuíu á reciclaxe de 422.000 quilos de vidro, 33.000 quilos de cartón, 5.000 quilos de cortiza e máis de 1.100 quilos de aluminio.
O futuro pasa por coidar e protexer a nosa contorna, algo que desde Condes de Albarei queren promover e potenciar a través do seu día a día e na participación de distintas actividades e proxectos como é Viñas Atlánticas, que traballa para o coidado e prevención do medio ambiente.
Un dos obxectivo de Condes de Albarei pasa pola cooperación para que o medio ambiente sexa sustentable e garantía dun futuro máis próspero e seguro.




