Nesta páxina sempre mostramos iniciativas TIC alleas. Poñamos en valor as nosas!
Sabes que é unha wiki?
A famosa Wikipedia é unha eficaz enciclopedia que, a difereza das creadas por unha editorial, pode ser modificada e expandida por calquera especialista (tamén ti). E é que Wikipedia é iso: unha wiki, é dicir, una web colaborativa que se constrúe coas achegas das persoas. As wikis crean e unen comunidades de xente cos mesmos intereses e inquedanzas e axudan a solucionar retos.
![]()
Por que che contamos isto? Porque te invitamos a participar na wiki do proxecto europeo eLabHauSE.rur.
Dende 2022, os socios que participamos no proxecto (de España, Italia, Irlanda e Croacia) traballamos arreo para atopar e poñer en contacto entidades e axentes da administración pública local e rexional, investigadores e outros actores sociais —coma ti—, de xeito que poidades establecer relacións e beneficiarvos dos coñecementos e experiencias.
Que hai na Wiki de eLabHauSE.rur?
Información das misións de economía verde, economía azul e economía social que se realizaron para buscar e compartir boas prácticas, e tamén unha análise das súas fortalezas e debilidades e o potencial para seren aplicadas noutros contextos (contamos algunhas en marzo, no número 162 desta revista).
Por exemplo, a cooperativa Horsal é unha das boas prácticas en economía verde: se queres saber por que, deixar unha opinión ao respecto ou compartir iniciativas que coñezas, visita www.elabhause.eu/es/docs/horsal-3/
Tamén podes mostrar o teu proxecto de economía social ou boas prácticas que desenvolves no Mapa de Boas Prácticas, e descubrir outras moitas. Deixa un comentario explicándoo e o equipo de eLabHauSE.rur estudará o caso: www.elabhause.eu/es/docs/mapa-de-buenas-practicas/
A Nova Bauhaus Europea busca proporcionar á cidadanía acceso a bens circulares e menos intensivos en carbono que apoien a rexeneración da natureza e protexer a biodiversidade. Neste sentido, eLabHauSE.rur, con todo o aprendido, creou un Manifesto destinado a apoderar á cidadanía do rural coas ferramentas, coñecementos e oportunidades que necesitan para facerse cargo do seu propio desenvolvemento socioeconómico:
O obxectivo de eLabHauSE.rur é crear unha rede de laboratorios de economía social no rural europeo onde intercambiar coñecemento e experiencias e promover iniciativas empresariais innovadoras e creativas que involucren a actores públicos, privados e cidadáns, partindo das oportunidades que brinda a Nova Bauhaus Europea.
Queremos que, cos teus comentarios na Wiki, coñezas e axudes a expandir o Manifesto e te sumes ao plan de acción para actuar en beneficio do rural mediante a economía verde, azul e social.
Non quedes fóra do discurso. Visita as ligazóns á wiki e comenta!

— Misión de Economía verde: https://elabhause.eu/es/docs/mision-de-la-economia-social-verde/
Boas prácticas de economía verde:
- Ecowaves Interreg- Croacia: mellora da calidade da auga dol Adriático.
- Perma Horti: deseño de permacultura e horticultura urbana.
- Agualocal: alternativa sinxela, moderna e de gran sabor á agua embotellada.
- Horsal: cooperativa hortícola de Galicia.
- NADI: iniciativa nacional irlandesa contra a tirada de basuras na vía pública.
- Green Kilometre Scheme: iniciativa Kilómetro Verde que invita a persoas ou grupos a realizar o mantemento dun tramo de vía pública.
- Política Alimentaria Intermunicipal de Piana del Cibo.
- Circular Farm : granxa urbana que se inspira na circularidade da natureza.
— Misión de Economía azul: https://elabhause.eu/es/docs/mision-de-economia-social-azul
Boas prácticas de economía azul:
- ISOLEM – Illa Mariña Ecolóxica
- ARCA ADRIATICA: Protección, promoción e valorización turística do patrimonio marítimo adriático
- INVESTINFISH – Impulsar os investimentos en innovación das PEME ao longo de toda a cadea de valor da pesca e a acuicultura
- MUSEO DO PATRIMONIO DE BIOGRAD
- Centro de Transformación do Lixo Mariño
- Academia de Música Flotante Puccini
- Boyne Blueway, Trim – camiño fluvial
- Adri.SmArtFish: A posta en valor da Pesca Artesanal a Pequena Escala das costas adriáticas a través dun enfoque de sostibilidade
— Misión de Economía social: https://elabhause.eu/es/docs/mision-sobre-economia-social/
Boas prácticas de economía social:
- Galega de Economía Social (COGAMI Empresarial): Grupo de Empresas de Economía Social.
- AGADEA: Servizo de prevencióne de estimulación terapéutica para personas con E. Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas.
- Lillero: mercado de troco.
- Daccapo: reutilización de mobles e utensilios
- Fondo Empresarial Condado de Louth.
- Cooperativa Newry & Mourne.
- Aktibiz: iniciativa empresarial social das ONG a prol dunha comunidade estable.
- Organización da Sociedade Civil En Resposta á Crise.




