• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Como nos afecta a nova PAC

25 de Novembro de 2025
in Blog
Como nos afecta a nova PAC
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A agricultura europea e, en particular, o cooperativismo agrícola español e galego, enfronta unha etapa de gran incerteza. O 16 de xullo de 2025, a Comisión Europea presentou a súa proposta para o próximo Marco Financiero Plurianual (MFP) 2028-2034, cun orzamento de case 2 billóns de euros —o 1,26 % da renda nacional bruta da UE—. A intención da Comisión é presentar un orzamento modernizado, simplificado e máis flexible, aplicable a través de planes de asociación nacionais e rexionais (PANR) baseados no rendemento.

Con todo, esta reformulación trae consigo preocupacións no sector: a integración da PAC nun Fondo Único dilúe a súa identidade, reduce o control democrático e máis dun 20 % o acceso aos fondos agrícolas.

Un marco que debe garantir equidade territorial

Nesta nova proposta, a agricultura e o sector agroalimentario terán asignados 293 700 millóns de euros, mentres que a rede de seguridade Unity, que ofrece apoio en situacións de crise, supón 900 millóns de euros ao ano (un total de 6300 millóns para todo o período). Aínda así, estas cifras deben analizarse co contexto: os ingresos agrícolas europeos seguen estando, de media, arredor do 60 % da renda media europea, deixando aos produtores e produtoras e as cooperativas nunha posición especialmente vulnerable.

O sector enfróntase a retos sen precedentes: aumento de custos enerxéticos e de insumos, inflación persisten te, cambios climáticos, conflito xeopolítico e presións derivadas de tratados comerciais internacionais. Estes factores non só afectan á produción, senón tamén á seguridade alimentaria, á cohesión rural e á competitividade das cooperativas.

Ademais, a transición ecolóxica e dixital que Europa demanda require investimentos significativos e acompañamento técnico constante, que deben estar garantidos por políticas públicas sólidas e un marco financeiro estable.

O novo Marco Financeiro Plurianual: a simplificación que pode complicar

A proposta da Comisión reorganiza a estrutura do MFP, integrando a PAC nun Fondo Único, coa intención de simplificar a xestión. Porén, isto pode ter consecuencias negativas:

• Perda de individualidade da PAC e posible vulneración do artigo 38 do Tratado da Unión Europea, que define a base xurídica da política agrícola común.
• Competencia polos fondos entre a agricultura e outras políticas, o que pode dificultar a mobilización de recursos a gran escala.
• Complexidade administrativa na preparación e aprobación dos plans nacionais, con risco de atrasos nos pagos aos agricultores.
• Menor control democrático por parte do Parlamento Europeo e dos ministros de Agricultura.

A Copa-Cogeca destaca que este cambio xera incerteza e erosiona a confianza do sector, especialmente nun momento no que as decisións sobre a transición cara a sistemas de produción máis sostibles son fundamentais. COPA-COGECA é a combinación dos nomes de dúas organizacións da Unión Europea: a Confederación de Organizacións Profesionais Agrarias (COPA) e o Comité General de Cooperativismo Agrario (COGECA). Xuntas representan a voz de máis de 23 millóns de profesionais da agricultura e 22 000 cooperativas agrícolas de toda a UE.

As organizacións cooperativas insisten en que calquera simplificación debe ir acompañada dun recoñecemento explícito do papel das cooperativas como garantes da vertebración territorial, da innovación e do emprego no medio rural.

Asignacións financeiras e risco de recorte

A pesar dun aumento do 1,26 % do Produto Nacional Bruto da UE no MFP, a PAC sufriría un recorte do 20 % respecto ao período actual, reducindo a súa proporción no orzamento total da UE do 33,2 % ao 14,7 %. Esta diminución compromete:

• O apoio aos ingresos dos profesionais da agri cultura, fundamentais para manter niveis de vida equitativos e a produtividade.
• O desenvolvemento rural, antes protexido polo FEADER, que fomenta a sostibilidade, a innovación e a remuda xeracional e que desaparece coa nova proposta.
• A capacidade de responder a catástrofes climáticas, pragas ou crises de mercado.

Ademais, moitas medidas deixarían de estar financiadas ao 100 % pola UE, pasando a un sistema de cofinanciamento dependente dos Estados membros, o que podería xerar desigualdades entre países e rexións e dificultar a planificación a longo prazo das cooperativas.

O cooperativismo agrario reivindica manter o FEADER como fondo diferenciado, con gobernanza propia e capacidade de deseño territorial, para garantir políticas adaptadas ás necesidades reais das cooperativas e das zonas rurais.

Apoio aos ingresos e pagos aos profesionais da agricultura

As propostas manteñen algunhas axudas por superficie e por animal, pero introducen degresividade e límites máximos obrigatorios, que non teñen en conta as diferencias estruturais entre Estados membros nin a contribución ao mercado único e á seguridade alimentaria. Esta situación xera dúbidas sobre se profesionais da agricultura europeos poderán manter niveis de renda sufi cientes nun contexto de presión de custos e volatilidade de mercados.

As cooperativas e organizacións agrarias propoñen que o novo modelo de axudas dea prioridade á remuda xe racional, fortaleza o papel da muller no rural e incentive a innovación produtiva, garantindo a rendibilidade e o atractivo das explotacións de maneira sostible.

Organización Común de Mercados(OCM): máis incerteza

As intervencións sectoriais da OCM unifican os sistemas nun menú único de medidas, pero sen abordar cues tións clave para as cooperativas como a planificación da oferta, a optimización de custos ou a concentración comercial e a mellora da competitividade.

Ademais, as axudas ás Organizacións de Produtores (OP) dependerán do orzamento asignado polos Esta dos, perdendo o carácter garantido que tiñan ata o de agora, aumentando a incerteza sobre a súa viabilida de e capacidade de investimento. Isto incrementa a preocupación, especialmente para cooperativas con actividades industriais e de valor engadido, que precisan estabilidade para planificar investimentos a medio e longo prazo.

O cooperativismo reclama que a OCM recoñeza o papel estratéxico das cooperativas na cadea de valor, na innovación e na bioeconomía circular, garantindo instrumentos que incentiven a integración e a comercialización conxunta.

Riscos identificados

O informe de Cooperativas Agro-alimentarias de España sinala os seguintes riscos:

• Recorte orzamentario severo: -22 % na PAC da UE, -14 % para España

• Fragmentación do mercado único e risco de renacionalización

• Debilitamento das medidas históricas de interese para as cooperativas

• Menor peso institucional da agricultura

• Dúbidas sobre o futuro das OP de froitas e hortalizas e das medidas de investimento en cooperativas

• Carga administrativa elevada e risco de colapso nos sistemas de xestión dos Estados membros

Asemade, identifícase a necesidade de reforzar a in novación, a dixitalización e a sostibilidade ambiental como eixos centrais de competitividade para o cooperativismo, e de impulsar a cooperación interterritorial para fortalecer a cohesión europea e o desenvolvemento rural sostible.

Implicacións para Galicia

Mentres España é, no conxunto, un país de forte base agraria, Galicia é eminentemente gandeira, cun peso decisivo no sector lácteo e na produción de carne. Isto fai que as prioridades galegas —ligadas á estabilidade de prezos, á sostibilidade das explotacións e ao apoio ás cooperativas— non sempre coincidan coas posicións dominantes a nivel estatal.

Así, tendo en conta que en Galicia o tecido cooperativo é especialmente forte, detectamos riscos adicionais:
• As cooperativas galegas poderían ver diminuída a súa capacidade de planificación e investimento,afectando especialmente aos sectores de leite, horta e froita.
• A redución das axudas directas e a fragmentación do financiamento fai máis difícil manter a competitividade fronte a produtos importados de países con normas máis laxas e custos máis baixos.
• O desenvolvemento rural, fundamental para Galicia polo seu tecido social e económico, veríase comprometido se o FEADER perde independencia dentro do Fondo Único.

Estas preocupacións foron tamén compartidas recentemente nun encontro entre a Consellería do Medio Rural —coa presenza da conselleira e do director xeral da PAC— e as principais organizacións agrarias galegas (AGACA, Unións Agrarias, SLG e ASAGA). Na reunión, constatouse a decepción pola desaparición práctica do segundo piar da PAC, que pasa a cen tralizarse a nivel estatal, o que podería supoñer para Galicia a perda duns 80 millóns de euros anuais en fondos FEADER destinados a mobilidade de terras, infraestruturas rurais e outras actuacións clave para omedio rural.

Dende a Consellería instouse a artellar unha resposta conxunta entre administración e sector para facer fron te común e defender unha posición compartida en Bruxelas e Madrid. Pola súa banda, AGACA manifestou o seu total acordo con esta estratexia, advertindo de que se aveciñan dous anos longos e complexos de negociacións nos que será necesario reverter unha proposta que reduce o peso da gandería e da agricultura no conxunto da PAC. Ademais, salientou que o novo deseño favorece a fragmentación das axudas e contradí estudos previos da propia Comisión Europea, mentres que a Consellería alertou dun recorte orzamentario superior ao 20 % e do incremento do cofinanciamento autonómico do 28 % ao 33 %.

A reunión mantida rematou co acordo de crear unha Comisión de Traballo conxunta con todas as organizacións presentes na que a Consellería se compromete
co fin de avanzar en propostas e estratexias para loitar por más fondos e polo segundo piar. Neste contexto, como membro do Consello Reitor e dos grupos de traballo de Cooperativas Agro-alimen tarias de España, AGACA participa activamente na definición das posicións comúns do cooperativis mo español e na súa translación a Bruxelas. Dende esa plataforma, traballa para que as particularidades galegas sexan recoñecidas nas políticas europeas xa que as cooperativas dependen dun marco estable e previsible, capaz de garantir ingresos aos produtores e produtoras, impulsar innovación e fortalecer a posición do sector no mercado único. Ademais, AGACA promove que o novo deseño da PAC post-2027 integre mecanismos que favorezan a innova ción, a dixitalización, a igualdade e a participación activa da xuventude no rural galego.

CONCLUSIÓNS

As propostas da Comisión Europea para o MFP e a PAC 2028-2034 presentan riscos significativos para a agricultura europea, española e galega. A redución do orzamento, a perda de previsión nos pagos, a fragmentación do mercado único e a diminución do peso institucional do sector comprometen a competitividade, a sostibili dade e a cohesión rural.

Ao mesmo tempo, esta etapa ofrece a oportunidade de reforzar o papel das cooperativas como motores de innovación, dixitalización e bioeconomía circular, así como de promover a remuda xeracional, mellorar a formación técnica e empresarial da mocidade rural e fortalecer o papel das mulleres nas estruturas cooperativas, facendo da PAC un instrumento efectivo de cohesión social e territorial.

Neste novo escenario, Galicia reclama voz propia. A creación da Comisión de Traballo conxunta acordada entre a Consellería e as organizacións agrarias supón un primeiro paso para defender de maneira unitaria os intereses dun sector que non pode quedar marxinado pola centralización de fondos nin polos recortes orzamentarios.

O cooperativismo galego e español necesita un marco estable, coherente e suficientemente financiado para poder seguir contribuíndo á seguridade alimentaria, á innovación e á vitalidade das zonas rurais. As palabras de apoio á agricultura deben traducirse en accións concretas, cun compromiso real cos intereses das cooperativas e dos agricultores e agricultoras, especialmente nas rexións como Galicia, onde o sector é motor económico e social.

Tags: PAC
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}