NOTA DE PRENSA: Clesa
- Ideais para nenos a partir de 3 anos, contan con achega nutricional de calcio, vitamina D e son reducidos en azucres engadidos.
- Coa imaxe dos cachorros máis famosos da tele, os packs inclúen ademais divertidas promocións.
Clesa lanza os seus novos iogures Crecimiento co sabor ¡Guau! da Patrulla Canina, a serie favorita sen dúbida dos máis pequenos. Con toda a garantía de Clesa, os novos iogures de Crecimiento son ideais para nenos a partir de 3 anos, grazas a que son fonte de calcio e vitamina D, e presentan ademais un contido reducido de azucres engadidos.
Os cachorros máis famosos da tele e o seu amigo Ryder son a imaxe destes novos produtos, de sabores natural, amorodo, galleta e plátano no pack de 4, e a variedade de amorodo e plátano en formato familiar de 8 iogures.
Os novos iogures Crecimiento de Clesa, chegan acompañados de divertidas promocións, así como xogos e actividades no pack familiar.
Elaborados con leite galego 100%
Os novos iogures, do mesmo xeito que todos os produtos que elabora Clesa na súa fábrica de Caldas de Reis, en Pontevedra, utilizan leite galego 100% e incorporan o selo de orixe e calidade diferenciada.




