- O 9 de xuño comeza a cuarta edición do curso gratuito “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”, que se pode seguir online. Conclúe o 20 de xullo de 2025.
-
A inscrición pode facerse nesta ligazón.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa a súa labor formativa, a distancia e gratuíta, relacionada coa calidade alimentaria, a conservación do medio ambiente e a divulgación do papel do cooperativismo.
O curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento. O número de prazas é limitado, polo que é necesario inscribirse completando este formulario.
O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas entre o 9 de xuño e o 20 de xullo de 2025.
PROGRAMA:
| Unidade | Denominación | Nº Horas | Módulos |
| I | Cooperativismo no sector primario | 10 horas | 1. As cooperativas |
| 2. Marco legal do cooperativismo | |||
| II | Certificacións de calidade | 40 horas | 3. ISO 9001 |
| 4. Certificacións en vacún de leite |
|||
| 5. GLOBALG.A.P. | |||
| 6. BRC/IFS | |||
| 7. ISO 22000 | |||
| III | Certificacións ambientais | 20 horas | 8. ISO 14000 (14063, 14067…) |
| 9. Análise de ciclo de vida | |||
| 10. Pegada de carbono | |||
| 11. Pegada hídrica |
Pode solicitar máis información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría General de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




