
O Foro pola Economía Social de Galicia (ForoESGal) celebrará o vindeiro 20 de novembro, entre 10:00 e 12:30 h, unha nova edición dos seus ‘Cafés con Aroma a Economía Social’.
A xornada terá lugar no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela, consolidándose como unha das citas referentes para o sector da economía social galega. A inscrición é gratuíta, pero obligatoria neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe03BR0Qkl15BAB0sZx49dLcbHCzi2g6LvHIv4fut9EIkFEZg/viewform
Economía, gobernanza e sostibilidade
Baixo o lema “A quinta taza: onde converxemos. Economía, gobernanza e sostibilidade”, o encontro convida a reflexionar sobre o presente e o futuro da economía social, os desafíos compartidos e o papel que desempeñan as organizacións do sector nun modelo económico máis equilibrado, responsable e centrado nas persoas.
A apertura correrá a cargo de Mino Martínez, presidente do ForoESGal, seguida da intervención da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e da participación de Caixa Rural Galega, entidade patrocinadora do evento.
A sesión contará tamén coa presenza de dúas persoas relatoras convidadas:
- Patricio Sánchez, director adxunto do Foro Económico de Galicia e profesor de Economía Financeira da UVigo.
- Gabriela González, directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski.
A clausura institucional correrá a cargo de:
- Marta Mariño, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social.
- Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais.
Os Cafés con Aroma a Economía Social son un espazo pensado para fortalecer vínculos, compartir experiencias, estimular a intercooperación e poñer en valor o compromiso da economía social co territorio e co desenvolvemento sostible de Galicia.
Inscrición previa obrigatoria neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe03BR0Qkl15BAB0sZx49dLcbHCzi2g6LvHIv4fut9EIkFEZg/viewform
O ForoESGal está integrado por AGACA, AEIGA, AESGAL, CEGASAL e ESPAZOCOOP, entidades que traballan de maneira conxunta para impulsar, visibilizar e fortalecer o papel da economía social en Galicia.




