- Responsables de AGACA como entidade coordinadora do proxecto europeo Interreg Sudoe AGROSMARTcoop asinaron o luns, en Cantabria, o contrato polo que o Fondo de Desenvolvemento Rexional, FEDER cofinancia o 75% do orzamento total do proxecto 1.295.000 euros.

Na imaxe, Higinio Mougán, director-xerente de AGACA asinando o convenio co consejero de Economía, Hacienda y Empleo do Goberno de Cantabria, Juan José Sota.
AGROSMARTcoop é un consorcio internacional integrado por oito entidades beneficiarias de seis rexións de España (Galicia, Castela A- Mancha, Estremadura e Euskadi), norte de Portugal e a Nova Aquitania francesa (inclúe unha ampliación territorial) que está a traballar pola creación dun espazo común de promoción, interconexión e interacción intelixente con estruturas e ferramentas destinadas a mellorar a xestión e comercialización dos produtos a través da innovación tecnolóxica, o fomento do coñecemento e as boas prácticas e a intercooperación.
Más información sobre AGROSMARTcoop




