• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Destacadas

AGACA solicita medidas contra danos causados por ataques do lobo

Agaca by Agaca
18 de Setembro de 2024
in Destacadas, Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Os continuados ataques de lobo a gando están a causar numerosos prexuízos ás explotacións agrogandeiras galegas.
  • Neste contexto, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) solicita á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia medidas para frear os ataques e unha revisión do sistema de indemnizacións para adecualo ás necesidades reais.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) trasladou esta mañá una petición á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia urxindo que non se ignoren os problemas derivados da abundante presenza de lobos nalgunhas comarcas galegas, que ocasiona danos directos ao matar gando pero tamén indirectos ao reducir a produción dos que sobreviven nas explotacións, que ven o seu benestar afectado.

Concretamente, estanse a detectar numerosos ataques de lobo a explotacións de vacún que teñen os seus correspondentes cercados. Os lobos comezan a pasearse preto das persoas, vixían aos animais constantemente e buscan o momento oportuno e a escuridade da noite para atacar. Basicamente, atacan e matan vacas enfermas ou preñadas e aos seus xatos máis novos. Vense testemuños na prensa de comarcas onde os lobos chegan a comer nos contedores do lixo das aldeas, con estimacións de mandas de máis de 20 exemplares.

Dende as cooperativas agrarias socias de AGACA entendemos que este grave problema de superpoboación de lobos debe ser xestionado. O lobo en Galicia non é unha especie en perigo de extinción, senón que está en franca expansión, e débese abrir un novo sistema de conservación onde a xestión das mandas permita a convivencia e o benestar do gando e reduza os potenciais riscos para a poboación.

Cómpre resaltar que o necesario benestar animal das vacas se ve brutalmente afectado pola proximidade do lobo: ao temer pola súa vida están moi nerviosas, reducen o tempo de pastoreo e o consumo de alimentos, o que afecta a súa produción media. As vacas de leite que foron atacadas reducen moito a produción de litros/día, as vacas de carne e leite teñen máis problemas para quedar preñadas ou deixan de preñar, os xatos atacados reducen fortemente o consumo e non engordan. Nin a Administración nin os agroseguros cobren estas perdas.

Como exemplos, as comarcas de Ordes, Arzúa, Deza-Tabeirós e A Mariña Lucense sofren periodicamente ataques e danos, pois concentran moitos lobos, que forzan tamén a desaparición dos cabalos de monte.

No medio rural galego ninguén propón o exterminio de ningunha especie, e menos do lobo. Pero a superpoboación non é soportable para os habitantes e conservadores reais do rural. Animamos á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a trasladar esta grave situación ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e á Comisión Europea.

Solicitamos que se actúe de inmediato para controlar a superpoboación de lobos en Galicia. Esta carga de fauna salvaxe anima ao abandono das pequenas explotacións e impide a correspondente extensificación da actividade gandeira, limitando brutalmente o benestar das vacas, cabras, ovellas e cabalos que a propia Unión Europea aconsella e obriga aos gandeiros.

Por último, as indemnizacións son claramente insuficientes. Indemnizar só o gando morto cobre unha porcentaxe moi pequena dos danos causados polo lobo. Se as vacas están sometidas constantemente ao estrés do lobo reducen a produción e este dano debe ser globalmente cuberto. Os gandeiros e gandeiras non teñen que soportar sós o custo de manter a fauna salvaxe: este custo debe ser soportado pola totalidade da sociedade.

Urxe que os responsables da fauna salvaxe tomen de inmediato medidas, non ignoren a gravidade do problema, revisen o sistema de indemnización ás ganderías atacadas e se paguen rápido os danos reais que sofren.

Agardamos solucións que trasladar aos gandeiros e gandeiras e á poboación rural afectada.

.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}