• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA renova con ABANCA o seu convenio financeiro en apoio ao cooperativismo agroalimentario galego

9 de Xuño de 2025
in Novidades
AGACA renova con ABANCA o seu convenio financeiro en apoio ao cooperativismo agroalimentario galego
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) vén de renovar o seu convenio de colaboración con ABANCA no marco da feira ABANCA Semana Verde de Galicia. O acordo, asinado tamén por Boaga e Asoporcel, reafirma o compromiso conxunto de impulsar o desenvolvemento do sector agrogandeiro galego a través de solucións financeiras adaptadas ás súas necesidades.

A sinatura tivo lugar no estand de ABANCA, aberto no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda, e contou coa participación do director de Banca Sectorial de ABANCA, Jesús Combarro, e do director de AGACA, Higinio Mougán, xunto aos representantes das outras dúas organizacións asinantes: Castor José Rivero, presidente de Boaga, e Cruz Castro, técnica de Asoporcel.

Estes acordos permiten activar para os socios e socias de AGACA unha ampla oferta de produtos e servizos financeiros especializados, entre os que destacan liñas de crédito para novos investimentos, modernización das explotacións, mellora da sustentabilidade e incorporación de enerxías renovables. Tamén se inclúen convenios oficiais co IGAPE, con diferentes sociedades de garantía recíproca (SGR), coa Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA) e co Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Ademais, os asociados poderán acceder á Liña de Financiamento Agro Multidestino, unha proposta innovadora lanzada por ABANCA durante a feira Semana Verde de 2023. Esta liña permite unificar nun único contrato o financiamento necesario para anticipar as axudas da PAC, cubrir os gastos das campañas agrícolas e gandeiras, e financiar as primas de seguros agrarios contratados na entidade. O produto ofrece vantaxes como a flexibilidade na disposición dos fondos, o aforro de custos e a simplificación administrativa.

A sinatura dos convenios coincidiu coa celebración da 47ª edición da feira ABANCA Semana Verde de Galicia, que se desenvolve estes días en Silleda. ABANCA é un dos principais patrocinadores da feira e apoia tamén a estabilidade do recinto feiral, que ao longo do ano acolle numerosos encontros especializados.

ABANCA Agro, clave na estratexia de apoio ao sector

A colaboración entre AGACA e ABANCA inscríbese tamén no marco máis amplo da unidade especializada ABANCA Agro, creada hai unha década precisamente durante a Semana Verde. Esta unidade consolidou desde entón un catálogo propio de produtos e servizos dirixidos ao sector primario, cun equipo de xestores altamente formados e un volume de negocio que supera os 6.000 millóns de euros e os 60.000 clientes.

Con forte presenza en Galicia e en expansión por territorios como Castela e León, Asturias, Cantabria, Estremadura, Andalucía e Portugal, ABANCA Agro mantén a súa aposta pola proximidade co sector a través de máis dun cento de convenios con axentes clave e dunha participación activa nos principais foros agrogandeiros.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}