- Dúas técnicas de AGACA participan esta semana en Letonia na segunda xuntanza dos membros do TOTCOOP+i, que agrupa seis asociación de Suecia, Polonia, Italia, Irlanda, España e Letonia.
O proxecto TOTCOOP+i, que forma parte do programa europeo Erasmus+, ten como finalidade a modernización das metodoloxías formativas para os docentes que se dedican a impartir coñecementos relacionados co sector agropecuario e agroalimentario.
O proxecto fomenta o intercambio de experiencias e o desenvolvemento conxunto de contidos innovadores comúns e de ferramentas formativas baseadas nas mellores prácticas identificadas a nivel europeo, que derivarán nunha serie de resultados entre os que destacan:
- Guía de Boas Prácticas sobre formación profesional implantada na UE (Unión Europea) para a promoción da Administración de Empresas, Xestión e Cultura corporativa ente as persoas integrantes dos Consellos Reitores das cooperativas.
- Guía metodolóxica coas directrices para o desenvolvemento de contidos formativos comúns.
- Contidos formativos comúns, desenvoltos de forma conxunta, dispoñibles en castelán, inglés, italiano, sueco, polaco e letón.
- Plataforma TIC de aprendizaxe, de código aberto de alta calidade para uso interactivo.
En consecuencia, o proxecto busca a mellora da calidade da oferta formativa profesional que se ofrecerá aos Consellos Reitores e fortaleceranse as capacidades da administración empresarial favorecendo a incorporación de mulleres e persoas mozas aos postos de responsabilidade.




