A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) é unha das entidades autorizadas pola Consellería do Medio Rural para impartir o curso oficial de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios – Nivel básico, requisito imprescindible para as persoas que necesiten utilizar ou aplicar este tipo de produtos no seu día a día profesional.
O curso pode realizarse en modalidade presencial ou en teleformación, facilitando así a participación das persoas con menor dispoñibilidade, especialmente durante os meses de máis actividade agraria.
A formación ten unha duración total de 25 horas lectivas. No caso da teleformación, o alumnado pode avanzar nos contidos a través da plataforma en liña no momento que mellor lle conveña. Aínda así, esta modalidade require 9 horas presenciais obrigatorias, repartidas en dúas xornadas.
Desde AGACA, os grupos e as datas axústanse en función das necesidades das persoas interesadas, ofrecendo así flexibilidade horaria.
Para máis información ou inscrición:
📞 Berta Pérez – 611 020 719 – berta.agaca@gmail.com
📞 Loli Couso – 609 070 135 – loli@agaca.coop




