- Dende o 3 de xullo ata o 7 de setembro de 2017 o alumnado recibirá 250 horas de formación.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) imparte dende o 3 de xuño ata o 7 de setembro un curso de “Incorporación á empresa agraria” nas instalacións da cooperativa O Rodo, situada en Rodeiro.
O alumnado cursará 8 módulos de 30 horas coas seguintes temáticas: A empresa agraria, Xestión técnico económica da empresa agraria, Asociacionismo, comercialización e trazabilidade, Relacións laborais e prevención de riscos laboráis, Sensibilización medioambiental, Agrotecnoloxía, Produción de forraxes e alimentación do gando, Produción de leite e manexo do gando.
A formación conta con financiamento do Fondo Social Europeo e xestiona a subvención a Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES).






