- AGACA e Vegalsa – Eroski renovan, por quinto ano consecutivo, un programa de produción e comercialización de produtos de horta de cooperativas e SAT galegas.
- A sinatura do convenio terá lugar o día 9, ás 12:30 horas no stand de Vegalsa – Eroski na Semana Verde de Silleda.
- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, estará presente na sinatura.
08/06/2016
O presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), José Montes, e o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González Iglesias, asinarán a renovación do Programa de Produción e Comercialización Agraria de Calidade Diferenciada a través do que seis entidades socias de AGACA (cinco cooperativas e unha sociedade agraria de transformación) comercializan os seus produtos, principalmente de horta, en máis de 200 superficies comerciais de Vegalsa-Eroski.
O Programa vénse renovando con éxito dende 2011, con volumes de negocio en tendencia ascendente, e baséase no compromiso de Vegalsa-Eroski co desenvolvemento sector agroalimentario rural galego, contando con provedores de produtos diferenciados, que garanten a calidade e trazabilidade dos seus alimentos.
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Rural, estará presente na sinatura, que terá lugar ás 12:30 no stand de Vegalsa-Eroski na Semana Verde de Silleda – Salimat, Pavillón 1.




