• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA apoia o liderado das cooperativistas no Día Internacional da Muller

Agaca by Agaca
8 de Marzo de 2026
in Novidades
0
SHARES
0
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias reivindica o papel das cooperativistas no Día Internacional da Muller.
  • Destaca o papel fundamental da muller rural como motor do desenvolvemento económico, social e demográfico dos territorios, clave para manter a actividade agraria, fixar poboación e garantir a sostibilidade do medio rural.
  • A representatividade das mulleres en órganos de gobernanza das cooperativas agroalimentarias galegas aumenta, pero non reflicte a realidade da base social das entidades.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) súmase á  conmemoración do Día Internacional da Muller 2026, un ano especialmente relevante no sector agroalimentario pois a Organización das Nacións Unidas declarouno Ano Internacional da Agricultora.

Carmen Rodríguez, que preside AGACA dende 2021, pon o foco na necesidade de potenciar o liderado feminino no eido cooperativo: «Se non se nos ve, non se nos escoita nin se recoñece a nosa valía».

O 44,5 % das persoas socias de cooperativas de AGACA son mulleres, unha porcentaxe que se mantén estable dende 2015. En contraste, a porcentaxe de mulleres en consellos reitores, aínda que vén en aumento nos últimos 10 anos, só  acadou o 27 % en 2024 (dende un 15 % en 2015). A tendencia ascendente vese tamén na porcentaxe de presidentas (chegou ao 14,06 %) e xerentes (chegou ao 31,25 %), pero mostra unha disparidade de na representación feminina nos órganos de toma de decisión.

Nun contexto onde o rural galego afronta retos como a remuda xeracional ou a fixación de poboación, dende AGACA subliñamos o papel esencial das mulleres rurais como motor social e económico. O seu traballo sostén explotacións, impulsa a innovación e contribúe a manter vivo o territorio, polo que avanzar cara a unha maior presenza feminina nos espazos de decisión é tamén unha aposta polo futuro do rural.

Neste senso, AGACA desempeña actividades encamiñadas a acadar o equilibrio de xénero e a igualdade de oportunidades en canto á  participación das mulleres nas cooperativas agroalimentarias galegas, onde se existen retos coma a conciliación da vida laboral e persoal ou a masculinización de espazos de gobernanza: «Cómpre aproveitar todo o talento que está ao alcance das cooperativas, impulsar a presenza de mulleres e persoas mozas nos órganos de decisión, seguir facendo cooperativismo con compromiso en con futuro para atraer á poboación e loitar contra a falta de remuda xeracional e o abandono do rural».

Entre as diferentes iniciativas atópanse encontros entre socias de cooperativas, xornadas de formación en diferentes áreas e de apoderamento. Ademais, as socias de cooperativas de AGACA contan coa súa propia Asociación, Nós, As Mulleres, constituída en 2020 e que actualmente conta con socias de 22 entidades.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}