- O 20 de setembro retomamos o ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á produción de mazá de sidra.
- Terá lugar online e a inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 20 de xullo terá lugar unha xornada online dedicada á produción de mazá de sidra, de 09:30 a 14:30 horas. É a penúltima destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural.
Contaremos con relatorios de produtores e comercializadores de mazá destinada á produción de sidra tanto de Galicia como de Asturias.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.
09:40 – Introducción a la producción de manzana para sidra.
Demetrio Bedriñana – técnico de AGACA.
10:00 – A selección de variedades de mazá e a súa adaptación ao clima e ao chan.
Enrique Dapena. Programa de Fruticultura SERIDA.
10:40 – Cultivo e manexo da maceira.
José Ramón La Lloba. Vivero La Lloba.
11:30 – Breve descanso.
11:45 – Colleita e almacenamento da mazá.
Cele Foncueva. Lagarero de Asturias.
12:30 – Sostibilidade e prácticas ecolóxicas no cultivo de mazá.
Inacio Bellas. Viveros Gudín.
13:30 – Experiencias na produción e comercialización de mazá de sidra en Galicia.
José Antonio López. Productor en A Estrada.
14:15 – Conclusións, comentarios finales e clausura.
Higinio Mougán.
14:30 – Fin da Xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxetivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades de emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscrición (nesta ligazón), son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




