- O 20 de febreiro terá lugar a primeira sesión do ciclo 2025 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción de lúpulo.
- Desenvolverase online e a inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 20 de febreiro terá lugar unha xornada online dedicada á produción de lúpulo, de 09:30 a 14:30 horas. É a última destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural.
Contaremos con relatorios de productores e comercializadores de lúpulo, así como de representantes da Xunta de Galicia para falar de apoios públicos ao sector.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.
09:50 – Aspectos técnicos do cultivo de lúpulo en Galicia. Especies e variedades, requisitos agronómicos, manexo de cultivos etc.
Juan Valladares. Investigador do CIAM. Xunta de Galicia.
10:50 – Apoio a iniciativas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Marta Mariño. Directora general de Trabajo Autónomo y Economía Social. Xunta de Galicia.
11:10 – A auga, a rega e o uso de auga rexenerada no cultivo de lúpulo. Proxecto I-ReWater.
Javier Cancela, profesor Campus Terra. USC.
12:00 – Breve descanso.
12:10 – A demanda de Lúpulo: mercado. Hai demanda de lúpulo de calidade?
Pablo G. Porto. Vivaz Plant.
13:00 – Viabilidade Económica e Comercialización. Análise de custos e ingresos, opcións de comercialización, posibilidades de apoio/axuda e financiamento.
Belen Matilla. Presidenta de la cooperativa LUTEGA.
14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura.
Higinio Mougán.
14:30 – Fin da Xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, composto por varias xornadas, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/o gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscripción (nesta ligazón), son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
![]()




