— Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: cultivo de cánabo.

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 10/05/2024
  • 10/05/2024
  • 5
  • teleformación
  • O 10 de maio continúa el ciclo de Jornadas formativas sobre oportunidades de negocio, con una sesión dedicada al cultivo de cáñamo.
  • Terá lugar online e a inscripción é gratuíta.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 10 de abril terá lugar unha xornada online dedicada ao cultivo de cánabo, de 09:30 a 14:30 horas.

Contaremos con relatorios de especialistas en cultivo e transformación deste material e comunicarase a normativa vixente para o sector.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.

09:50 – Normativa vixente para o cultivo de cánabo – posibilidades de aproveitamento de fibra e semente – proxectos rexionais, nacionais e europeos vixentes.
Montse Gómez-Cardoso. Centro Tecnológico Nacional Agroalimentario Extremadura – CTAEX.

10:50 – Aspectos técnico-agronómicos no cultivo de cánabo.
Xaquín Acosta. DANA Agronomics.

11:50 – Breve descanso.

12:00 – Experiencia en  transformación e comercialización de cánabo.
Esaú Rodríguez. Consultor independiente.

12:40 – Perspectivas do cultivo de cánabo en Lugo (Galicia).
Patricia Quelle. Asociación Galega do Cáñamo.

13:30 – A experiencia do cultivo de cánabo en Lugo (Galicia).
María del Pilar López. Experta en cultivo de cáñamo.

14:10 – Preguntas e comentarios.
Participantes y ponentes.

14:20 – Comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán. AGACA.

14:30 – Fin da xornada.

JORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter