– Xornada Formativa sobre Oportunidades de Negocio: crianza de porco celta

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 12/06/2025
  • 12/06/2025
  • 5
  • distancia
  • O 12 de xuño continúa o ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á crianza de porco celta.
  • Terá lugar online e a inscripción é gratuita.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 12 de abril terá lugar unha xornada online dedicada á crianza de porco celta, de 09:30 a 14:30 horas.

Contaremos con relatorios de especialistas en cría e investigación desta raza autóctona galega, procedentes de cooperativas, entidades asociativas e investigadoras galegas e tamén cun centro de investigacións de Extremadura, que falará do porco ibérico.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.

09:40 – Cría e alimentación nas explotacións de porco ibérico.
Mercedes Izquierdo Cebrián. Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura – CICYTEX.

10:30 – Características e bondades da carne de porco celta.
Roberto Bermúdez. Centro Tecnolóxico da Carne.

11:10 – A cría do porco celta e os seus efectos sobre o chan e a biodiversidade.
María Rosa Mosquera Losada. Universidade de Santiago.

11:50 – Breve descanso.

12:00 – Explotación e proxectos actuais de porco celta en Galicia.
Iván Rodríguez Paz. Director Técnico Asociación de Criadores de la Raza Porcina Celta – ASOPORCEL.

12:50 – O modelo cooperativo para a cría e comercialización do porco celta.
Isabel Costas. Presidenta Tres Fuciños, S. Coop. Galega.

13:40 – Experiencia do porco celta na Comunidad de Montes de O Carballo.
José Manuel Iglesias. Presidente Comunidade de Montes de O Carballo.

14:10 – Preguntas e comentarios.
Participantes e relatores.

14:20 – Comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán. AGACA.

14:30 – Fin da Xornada.

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas produccións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de empleo cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural no entorno das cooperativas.

As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interes para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vencelladas coa economía social.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2025 de la Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento del cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter