– Xornada formativa sobre a economía social e a modernización do sector agroalimentario: Certificacións de Calidade e Medioambientais

Información del curso

  • Agaca e Rede Eusumo
  • 05/12/2025
  • 18/01/2025
  • 70
  • teleformación
    • O 5 de decembro de 2025 comeza o curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”, que se pode seguir online. Conclúe o 18 de xaneiro de 2026.
    • A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor formativo, a distancia e gratuíto, relacionado coa calidade alimentaria, a preservación do medio ambiente e a divulgación do rol do cooperativismo.

A 1ª edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en cualquera momento.

O número de prazas é limitado, polo que cómpre inscribirse completando este formulario.

O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas entre o 5 de decembro e o 18 de xaneiro de 2026.

PROGRAMA:

Unidad Denominación Nº Horas Módulos
I Cooperativismo no sector primario 10 horas 1.      As cooperativas
2.       Marco legal do cooperativismo
II Certificacións de calidade 40 horas 3.       ISO 9001
4.       Certificacións en vacún de leite
5.       GLOBAL GAP
6.       BRC/IFS
7.       ISO 22000
III Certificacións ambientais 20 horas 8.       ISO 14000 (14063, 14067…)
9.       Análise de ciclo de vida
10.     Pegada de carbono
11.     Pegada hídrica

Pode solicitar más información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

 

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter