— Produción e comercialización de cogomelos en Galicia.

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 27/03/2026
  • 27/03/2027
  • 5
  • distancia
  • O 27de marzo terá lugar a quinta sesión do ciclo 2026 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción e comercialización de cogomelos.
  • A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 27 de marzo de 2026 terá lugar a xornada ‘Produción e comercialización de cogomelos en Galicia’, de 09:30 a 14:30 horas. Detallaranse diferentes técnicas e modelos produtivos (en tronco, en substrato ou en ecolóxico, por exemplo) ademais dunha introdución á comercialización, da man de profesionais do sector.

A sesión, que é gratuíta, celebrarase en liña, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA

10:00 – Técnicas de cultivo de cogomelos en substratos: materiais e instalacións necesarios
Xesús Graña. Hifas da Terra

11:00 – Técnicas de cultivo de shiitake en troncos
Xesús Graña. Proxecto Fungos da Cova

12:00 –  Descanso

12:10 – Primeiros pasos no negocio dos cogomelos 
Ángeles González. Productora Shiitake Trives

13:00 – Produción de cogomelos no marco dun proxecto integral
Loli González. Vida Circular

13:40 – Experiencia de produción de shiitake en ecolóxico
Jesús López. Shiifos

14:10 – Conclusións e peche do programa
Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA

14:30 –  Fin da xornada

JORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantes e público en xeral.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter