— Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: produción de castaña

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo.
  • 25/03/2025
  • 25/03/2025
  • 5
  • teleformación
  • O 25 de marzo terá lugar a segunda sesión do ciclo 2025 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción de castaña.
  • Terá lugar online e a inscrición é gratuíta.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario.

Xornada sobre Produción de castaña 23/03/2025

O 25 de marzo terá lugar unha xornada online dedicada á produción de castaña, de 09:30 a 14:30 horas. É a segunda destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural.

Contaremos con relatorios de entidades produtoras e comercializadores de castaña, así coma de centros de investigación e especialistas na árbore e o froito.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.

09:50 – A selección de material vexetal para a produción de castaña e a incorporación de novos portaenxertos híbridos.
Beatriz Míguez. Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

10:40 – Aspectos técnicos clave na produción e comercialización de castaña.
Manuel López. Secretaría Técnica da IXP Castaña de Galicia.

11:50 – Descanso.

12:00 – Prácticas de enxerto e poda en castiñeiro.
Santiago Ramos. Asociación de Viveristas del Noroeste, Asvinor.

12:40 – Manexo de pragas e enfermidades do castiñeiro. Tratamento post-colleita e transformación.
Dositeo Álvarez. Sofragal S. Coop. Galega.

13:10 – A Experiencia de produción e comercialización da castaña en Galicia.
Aurelio Prado. Amarelante, S. Coop. Galega.

13:40 – Valorización da castaña en ecolóxico.
Miguel Areán. Castañas Naiciña.

14:20 – Conclusións, comentarios finais e clausura.
Higinio Mougán.

14:30 – Fin da Xornada

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que está previsto que inclúa 12 xornadas, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/o gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de libre acceso previa inscripción (nesta ligazón), son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social

 

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter