- Servizos
- Subministracións
- Sección de Crédito
— Información: A Cooperativa de Vilaboa de Consumidores e Usuarios ten a súa orixe na Cooperativa de Produtores do Campo, nacida en 1945. As tarefas da cooperativa foron evolucionando e adaptándose ás trasformacións sociolóxicas do seu ámbito de actuación e ás novas necesidades dos seus socios, diferentes das orixinais, ata que, en 2005 e sen abandonar o cooperativismo, cambiou a súa denominación á actual.
Entre as súas actividades principais figuran a sección de crédito, un supermercado, unha tenda agraria e un surtidor de gasóleo bonificado.




